Archivo mensual: julio 2008

 

    ¿Qué es el “ebru”?, es el arte de pintar sobre agua condensada con tierra y pinturas en polvo.

    Una forma diferente de pintar, dicen que enseña a ser pacientes . Si os acercais a la Expo , en el pabellón de Turquía tendreis la oportunidad de verlo en vivo y directo , una auténtica preciosidad. 


 Este invento é unha maravilla, mirade o que atopei no “tendal de calcetíns”.

Nós tamén queremos un así .


  No Blog da biblioteca do cole fáisenos unha invitación para disfrutar das Crónicas de Narnia, uns libros cargados de máxia e aventuras dos que fai pouco estrenouse a película, queredes ver un anaquiño???, animádevos é disfrutade dela  c@s vos@s fill@s por que vale a pena.


calendario para niños

calendario para niños

O curso académico 2008/09  abranguerá dende o 11 de Setembro ata o 22 de Xuño do 2009 ambos os dous inclusive.

Períodos de vacacións:

         -Nadal: dende o 22 de Decembro ata o 7 de Xaneiro do 2009 ambos os dous inclusive

         -Semana Santa dende o 6 ao 13 de Abril  de 2009 ambos os dous inclusive

        -Entroido , días 22,23 e 24 de Febreiro de 2009.

  A totalidade do calendario escolar atoparédelo no DOGA do 5 de Xuño de 2008


Unha das persoas que nos visita de vez en cando é a profe MARTA, fai uns días un paxariño díxome que estaba moi leda por que ía ser nai, dende aquí desexarlle que seña moi moi feliz nesta aventura da maternidade, sen dúbida Marta será a túa mellor tarefa e o teu mellor logro. Un biquiño enorme.

 


O xogo é algo inseparable da vida do teu fillo. Dende que era pequen@ estivo xogando: cos obxectos, coas palabras, coa comida,… Repetiu unha e outra vez accións que aparentemente non servían para nada, pero que lle facían rir e pasalo ben.

As súas características son:
– O xogo é pracenteiro, divertido.
– O xogo non ten metas ou finalidades. Xogamos polo sinxelo pracer de xogar, non existe un fin particular para facelo.
– O xogo é espontáneo, voluntario.
– O xogo implica certa participación activa do xogador.
– Garda relación con outras actividades que non son propiamente xogo, como a creatividade, a solución de problemas, a aprendizaxe e a linguaxe.

Os xoguetes han de ser o material que permita levar a cabo aquelo que queremos realizar mediante o xogo. O xoguete nunca é máis importante que o xogo, senón que é un instrumento de axuda.

En canto ás características dun xoguete, o que importa é que cumpra tres requisitos fundamentais:

– Creatividade, deberá ser aberto, é dicir, debe deixar un amplo marxen para a imaxinación.
– Valor educativo, o obxectivo é canalizar a enerxía que o nen@ desprega para incrementar e fomentar o desenvolvemento das súas habilidades e destrezas.
-Adaptarse ás necesidades do nen@, ten que respostar ás novas necesidades do nen@.

Por iso vos amosamos algunhas claves que poden axudarvos a elexir un bo xoguete:

– Elíxelo de forma responsable e coidadosa. En función do que o teu fillo necesita e atendendo aos valores que ti desexas transmitirlle.
– Tenta non deixarte levar polo bombardeo publicitario. Non sempre o que anuncian é o mellor para o teu fillo.
– Infórmate sobre os xoguetes en función da súa utilidades e da súa capacidade de estímulo.
– Sempre que poidas, observa como son e como funcionan para asegurarte da súa calidade.
– Evita inundalo de xoguetes nunha determinada época do ano.
– Opta por xoguetes non bélicos, pero sen prohibirllos directamente.
– Esquécete da vella idea de que hay xoguetes para nenos e xoguetes para nenas. Atende ás necesidades e preferencias do teu fill@.


Os nen@s medran a unha velocidade apabullante. Antes de entrar na escola sofren unha serie de cambios que, ás veces, non sabemos como afrontar.

Dende o cole queremos darvos algunhas ideas para apoiar aos vosos fillos neste momento de cambio.

[rockyou id=116532256&w=500&h=375]



A %d blogueros les gusta esto: