Archivo mensual: septiembre 2008

         Bos dias señor Galileo,@s nen@s de 5 anos “B” queren facerlle unhas preguntas, o certo é que son moi curiosos así que vaiase preparando a respostar , sen presa pero sen pausa.

Como aínda non saben escribir moi ben ,e buscar as letras no ordenador lévalles un pouquichiño ,imos  ir completando esta entrevista pouco a pouco.

(Entre os paréntesis aparecerá o texto completo da pregunta de cada un)

 

DIEGOPTU PAUEAER   (Tu padre era bueno ?)

REBECATOUCCCHTTLO ( Te costó mucho trabajo inventar el telescopio?)

MARCOS-OOAUI (Cómo va su vida?)

SARAOSEST(Cömo estä usted?)

IREAODEBIIIIBE (Dönde vive?)

MARTAOOIBOELTSOO ( Cómo inventó el telescopio?)

JULENOOPAQAR (Cómo puede ver las estrellas con el telescopio?)

JOSEOEOOEO( Cóme o no come?)

ALBAOOEASERADEBDA( Cómo eran las estrellas de verdad?)

BRAIS Y LA PROFE SUSANAPORHB<A (Por quë quería mirar las estrellas?)

Anuncios

Somos 22 científicos con moitas ganas de aprender e gozar. Levamos xa unha semana e media de cole e a partir do mércores xa imos estar todos xuntos. Hoxe empezamos a facer traballo de mesa. Preparamos o noso planeta, o PLANETA DOS VINCIS pegando gomets e agora deixaremos que decore o noso centro.

[rockyou id=123258534&w=500&h=375]


Seguimos recibindo cada día a novos científicos/as que se achegan a coñecer o noso cole. Pasamos media mañá xuntos vendo o noso laboratorio, pintando, xogando e compartindo coñecementos cos outros colegas.

[rockyou id=122820601&w=500&h=375]


[rockyou id=122611772&w=500&h=375]


PRIMEIRO DÍA DE COLE:

Mándilón? Listo

Merenda? Lista

Material? Listo

Mamá e papá? Nerviosos pero listos

ANTÍA, ANTÓN, DAVID E NEREA entusiasmados.

Así foi o noso primeiro día no cole:

[rockyou id=122453644&w=500&h=375]


A volta o cole é un día de contrastes: a alegría de encontrarnos cos compañeiros, a ilusión da clase nova, os estuches, as mochilas, ese arrecendo a libros sen estrea, pero tamén a desilución cando separan as clases, a angustia da profe nova, o sono…

Todos os anos para facilitar esta transición os nen@s van a súa aula do ano anterior, falan coa súa mestra e logo vanse para a aula nova.

Os peques de 5 medraron unha chea este verán e despois de saúdos, bicos e poñernos o día puxeronse en fila e marcharon a clase nova. Da moita mágoa velos marchar… un ciclo que se acaba. Pero, como este primeiro día é un día de contrastes, tamén é unha ledicia recibir aos nen@s de 3 que, outra vez, volverán a facer as nosas delicias e nos ensinarán, un día tras outro, a medrar.

[rockyou id=122450607&w=500&h=375]


CIENCIA andou estes días ordenando, limpando e organizando as nosas aulas para acoller a todos eses xenios que o día 11 farán a súa entrada no noso pequeno laboratorio científico.

Así que xa sabedes, este ano imos ter unha chea de experimentos, inquedanzas e investigacións que levar a cabo. Aproveitando este espírito decidimos ter unha fonte de inspiración en cada unha das nosas aulas, así os alumnos/as de 3 seremos discípulos de Leonardo da Vinci (OS VINCIS), os de 5B serán discípulos de Galileo Galilei (OS GALILEO) e os de 5A por Copérnico (OS COPÉRNICOS). Estamos na procura nun guía para os alumnos/as de 4.

E este é un dos nosos laboratorios:

[rockyou id=122289990&w=500&h=375]



A %d blogueros les gusta esto: