Archivo mensual: octubre 2008

Coñecedes o son do noso corazón o latexar???, pois nós hoxe puidemos escoitalo, cada un o seo, a filla da profe achegouse ata o noso cole para amosarnos algún dos instrumentos cos que ten que traballar e cos que poidemos aprender algunha cousiña, por exemplo que as luvas que usan os veterinarios non se asemellan nadiña as dos pediatras, son ben máis grandes, aparellos para mirarlle a boca os animáis..etc, pero o que máis nos gustou foi o fonendoscopio co que puidemos escoitar o noso corazón, a uns íalle moi rápido, a outros rápido e mesmo a algún íalle des -pa -ci -ño !!!!!
[rockyou id=125841425&w=426&h=319]

Anuncios

Seguimos a investigar coa axuda das familias o outono. A verdade é que as familias están mandando cousas sorprendentes e iso enriquece moito as nosas pescudas.

Cada día os nen@s chegan entusiasmados coas súas bolsas cheas de “outono” e con gañas de compartir con todos o que traen. É un verdadeiro placer redescubrir con eles a grandeza que teñen as cousas máis sinxelas.

[rockyou id=125821164&w=500&h=375]


Mañá é o día do Samaín. Este día celebramos o comezo do novo ano, segundo conta unha lenda celta. (Tedes máis información sobre esta tradición en: http://www.xuvecurtis.com/samain/index.htm)

No cole estamos aproveitando esta data para achegar aos nosos nen@s á tradición, e, sobre todo, para que aprendan a afrontar e superar os seus medos.

Unhas arañas moi traballadoras enchéronos o cole de teas de araña e nos regalaron un gardapesadelos para encerrar os nosos medos.

[rockyou id=125760640&w=500&h=375]


 Ayer la profe Luisa, la de los mayores de 4º , nos hizo una visita, traía dos cajas , en una un montón de piedras que parecían mágicas, algunas brillaban muchísimo, pero lo que más nos gustó fué lo que había en el interior de la segunda caja, FÓSILES, si si , un montón ,el que más expectación creó fué un enorme diente de tiburón , al que observamos y tocamos , por que desde luego, no es lo que parece, no no , pero eso ya os lo explicaremos más detalladamente por que dentro de unos días ambas cajas llegarán con destino a nuestra aula, y entonces sí que podremos utilizar las lupas y observarlos con detenimiento , compararlos y buscar imágenes de los animales que los originaron, mientras,mirad mirad…..

Gracias profe Luisa de 4º

[rockyou id=125708498&w=426&h=319]


As nosas pescudas científicas estamos levando a investigar o entorno inmediato e os seus cambios coa chegada do outono. Pedindo axuda nas nosas casas, estamos observando, analizando e estudiando diferentes productos do outono.

É divertidísimo e estamos aprendendo unha chea de cousas.

[rockyou id=125698121&w=500&h=375]


Como xa sabedes os Vincis estabamos a investigar o noso corpo.

Aproveitamos para medirnos e facer as nosas siluetas, pero, nada de tumbarnos no chan e repasarnos, non, non. O noso traballo foi moito máis sofisticado ou pensades que un científico pode facer o que fan todos. Aínda nos faltan un pequenos detalles para o resultado final, pero, OBSERVADE:

[rockyou id=125640281&w=426&h=320]


Hoxe Margarida invitounos a unha sesión de contacontos na biblioteca do cole, celebrábase o día internacional das bibliotecas escolares, e como sempre, ela está a última, así que nos preparou unha pequeniña sorpresa. Pasámolo moi ben , Pablo mesmo foi nombrado axudante do contacontos e tivo que axudarlle con unha caixa máxica.

[rockyou id=125424126&w=426&h=319]

Os nenos/as pasáronno xenial, MIRADE!!, unha imaxe vale máis que mil palabras.

[rockyou id=125526981&w=500&h=376]



A %d blogueros les gusta esto: