Archivo mensual: octubre 2008

Aínda que o período de adaptación a estas alturas xa está rematado, hai nenos/as que siguen chorando. Moitos deles xa non choran por vir ao cole, senón por ir ao comedor. Ante estes choros e medos dos nenos/as os papás/mamás comezamos a preocuparnos e a preguntarnos se estaremos facendo ben deixando aos nenos/as no comedor.

Pero, realmente, por que choran os nenos/as? Non lles gusta a comida?, Pásanno tan mal no comedor?, e, Por que cando o recollo está tranquilo e o día seguinte todo volve comezar?

Non podemos esquecer que a estas idades o neno/a é egocentrista, é dicir, pensa que el é o centro de todo, sobre todo dos seus papás. Ir ao comedor supón alonxarse deles, pero, sobre todo, perder unha batalla porque temos que facer o que mandan os papás e non o que queremos nos.

O neno/a vai o comedor por múltiples factores: traballo, indicacións médicas, conciliación horaria… O que está claro é que aos papás nos encantaría comer con eles pero, ás veces, isto non é posible e os nenos/as teñen que entender isto.

Moitos estaredes a pensar, vale a teoría xa a sei, pero que podemos facer. Evidentemente, non temos unha variña máxica que resolva o conflicto da noite para a mañá e, coma todo proceso de cambio, leva o seu tempo. Nembargantes, hai algúns consellos que vos poden axudar a levar mellor estes días de choros, medos e inseguridades.

[rockyou id=125317433&w=500&h=375]

Anuncios

O laboratorio científico dos Vincis comezou as súas investigacións. Os nosos científicos estaban moi interesados en sí mesmos e aproveitamos isto para achegarnos a nosa imaxe corporal.

Estes ideas estamos traballando en varios frontes ao mesmo tempo. Xa sabemos moi ben como é a nosa cara, mirade, mirade!!

[rockyou id=125314479&w=500&h=375]


Dende fai xa unhas semanas comenzamos no cole a reciclar, tres papeleiras diferentes vannos a axudar a seleccionar e non mezclar as cousas, o plástico para unha papeleira, o papel en outra, e os resíduos orgánicos en outra, e o encargado do día levao o final da xornada os contenedores xerales , hoxe o encargado foi JOSE.



Este ano ímos coa axuda dos nosos compañeiros de primaria participar no proxecto “YOURA” , en qué consiste? moi doado, todos os días temos que tomar medicións metereolóxicas, temperatura, pluviosidade,horas de sol, forza e dirección do vento e por suposto cómo está o día, soleado , nuboso…etc, con todos estes datos imos a aula de informática e entre todos ímos rexistrando os datos  no programa, utilizamos o EDI por que é máis doado e máis divertido.

[rockyou id=125262375&w=426&h=319]


 Este ano a nosa biblioteca de aula deixou de ser un castelo para transformarse gracias o noso traballo ” NO UNIVERSO DOS CONTOS”,  por algo somos OS GALILEOS , así que tivemos que facer moitas cousas, picar estrelas , planetas, colorealos, buscarlle o nome e escribílo ,poñerlle purpurina para que brillaran….etc etc, o final pagou a pena, e este é o resultado, benvidos o universo dos contos donde calqueira cousa pode acontecer……

[rockyou id=125199140&w=426&h=319]



 A nosa amiga Luisa trouxonos fai uns días unha sorpresa estupenda, un “catalejos e uns prismáticos” xeniales!! con eles marchamos o patio dos maiores e miramos lonxe, moi lonxe, como fixo Galileo Galilei co seu telescopio,por un momento fomos exploradores do espacio e dos espacios, por que de feito tanto investigar de arriba a abaixo que mesmo atopamos unhas pedras que parecían meteoritos, aínda que o final chegamos a conclusión de que non o eran , pero……a saber si haberá algún por ahí escondido!!!!.

Gracias Luisa.

[rockyou id=125197665&w=426&h=319]



HOXE RECIBIMOS UNHA MENSAXE DUN PERSONAXE QUE NOS DEIXOU UNA ADIVIÑA,MIRÁMOLO NA BIBLIOTECA E APROVEITAMOS QUE OS COMPAÑEIROS DE 6º, OS MAIORES, DEIXÁRONNOS UN POUCO DO SEU TEMPO PARA QUE POIDÉSEMOS VELO E TENTAR SABER QUÉN É. GRACIAS COMPAÑEIROS.



A %d blogueros les gusta esto: