Archivo mensual: noviembre 2008

 

  O estudio da climatoloxía é algo moi fermoso, pero as veces necesitanse instrumentos de alta preción para que dito estudio sexa preciso, por eso construímos esta estación metereolóxica, con ela poderemos comprobar a velocidade do vento, a cantidade de chuvia caida e a temperatura que temos.

[rockyou id=127713674&w=426&h=320]

Anuncios

 Os nosos compañeiros do proxecto europeo mándannos un enlace para poder ver un video que fixeron cantando e bailando unha canción moi bonita polo magosto ou  a castanyera , non consigo  facer que o poidamos ver no blog , pero si clicades nel  poderedes acceder e velo , tentádeo , xa veredes qué chulo.

http://www.teachertube.com/view_video.php?viewkey=e54a8f3e13b304f3a991



Investigando o corpo hoxe descubrimos que xa coñecemos moitas partes, coñecemos o corpo por fóra e por dentro. Nesta sesión decidimos que íamos pintar a Ana, polo que deitámola no chan e sobre un papel marcamos o seu contorno e logo entre todos pintámola. Foi moi divertido descubrir como ía aparecendo o seu corpo a partir dunha simple silueta. Logo colocamos os carteis de cada unha das partes do corpo, foi algo complicado tentar ler cada etiqueta e descubrir de que parte se trataba, parecía un xogo de adiviñas e así quedou a nosa amiga Ana. Gústavos??

[rockyou id=127629488]


Este ano os científicos máis pequenos de Reboreda andan moi liados explorando o universo, o seu corpo e o seu contorno máis próximo. E para explorar e investigar empregamos un invento moi especial, A LUPA, con ela podemos ver as cousa pequenas, e estos días explorando o corpo poidemos observar a lingua, as orellas, os ollos, a pel,… e descubrimos cousas asombrosas, como por exemplo que a pupila dos ollos ábrese e péchase dependendo da luz, que na lingua temos papilas gustativas para descubrir os sabores das cousas e que na pel temos uns puntiños chamados poros,… Como nos gusta observar coa lupa!!, con ela non hai cousa que se nos agoche, jajajajaja.

 

[rockyou id=127628743]


Esto de ser científicos é fantástico, cada día temos unha sorpresa nova. Onte, por exemplo, veu Manuel, o director a ensinarnos un coche que fixeron os alumn@s de 6º con material de refugallo: un coche que anda de verdade!

Hoxe foi Alba a que nos sorprendeu cuns prismáticos que fixo na casa coa súa mamá. Aproveitamos para ver as cousas de colores: azuis, amarelas e vermellas.

Tamén estamos experimentando coas nosas actitudes artísticas, usamos de todo para as nosas composicións e a verdade é que os da ONU non nos coñecían senón decorariamos nos o teito en vez de Barceló.


Hoxe celebramos os aniversarios do mes de novembro. Aproveitamos nesta ocasión para facer brochetas de froita que é un dos nosos pratos estrela. Primeiro repartimos as invitacións e despois fomos para o salón de actos. Explicamos como debiamos facer as brochetas e despois de soprar as candeas imaxinarias empezamos a comer. Coma sempre o que máis nos gustou foi chupetear no chocolate.

[rockyou id=127349435&w=500&h=375]



A %d blogueros les gusta esto: