Archivo mensual: enero 2009

Hoxe celebramos no cole o día da Paz, aínda que os Vincis levamos toda a semana traballando sobre este tema. Fixemos pombas seguindo os deseños de Pablo Picasso, traballamos a simboloxía, participamos no mural da biblio, fixemos uns anteollos pacifistas…

Anuncios

Dende a volta do Nadal tiñamos a Mandilón perdido. Os nenos preguntaban todos os días por el pero ninguén lles daba ningunha pista. Nembargantes hoxe atamos cabos e decidimos buscalo ben por todo o cole.

Déixovos unhas fotos da pescuda e o maravilloso vídeo de cando o atoparon (estes momentos tan incribles son os que fan que cada día un ame máis e máis o seu traballo).

[rockyou id=131819698&w=500&h=375]


Hoxe lendo un libro de Leonardo, vimos que era posible facer barcos de papel e, ademais, que estes flotaban. Ao principio tiñamos dúbidas así que tivemos que ir a comprobalo.

Fixemos os barcos de papel e levámolos á bañeira. Alí vimos que flotaban. Rober non se deu por conforme e preguntou que pasaría se houbese unha tormenta, así que tivemos que comprobalo.

[rockyou id=131735676&w=450&h=337]


Hoxe  celebramos os aniversarios do mes de xaneiro, aínda que nesta ocasión non cociñamos porque tiñamos moitos doces de Nadal que queriamos aproveitar. Primeiro estivemos vendo o vídeo das nosas pócimas máxicas e logo cantamos e bailamos coas nosas cancións favoritas.

Despois de tanto esforzo mereciamos unha boa merenda así que, sopramos as candeas e puxémonos as botas.


Dende outubro estivemos acompañados por varias profes de prácticas. Os Vincis, Copérnicos, Galileos e Marconis tivemos a sorte de ter dúas profes de música, a profe Isa e a profe Tere.

Tere adicounos durante estes meses a súa mellor sonrisa, unha dedicación admirable, unha vontade maravillosa, un coidado delicioso e unha ilusión envexable. Dende aquí queremos darlle as grazas por todo e desexamos que acabe os seus estudos con éxito e consiga todo o que se propoña.

MOITAS SORTE E ATA SEMPRE


Esta é a canción que escollimos este ano para cantar no día da paz.


Leonardo da Vinci necesitaba experimentar e sentir todo para poder plasmarlo despois. Nos tamén queremos ter múltiples sensacións por iso hoxe estivemos andando por un camiño cheo de texturas diversas. Fixémolo descalzos para poder sentir mellor e falamos da nosa experiencia para poder comprendela. Os Galileos axudáronnos moito porque eles xa son máis maiores e saben máis.



A %d blogueros les gusta esto: