Archivo mensual: febrero 2009

Mentres a profe Susana estivo enferma tivemos a sorte de estar acompañados pola profe Miriam.

Miriam implicouse en todas e cada unha das actividades que levamos a cabo, sempre regalándonos a mellor das súas sonrisas e, levando os Galileos da man pola senda da aprendizaxe.

MOITÍSMA SORTE MIRIAM

[rockyou id=133532012&w=500&h=375]

Anuncios

O ano pasado preparamos un horto que non puidemos usar porque chegaban as vacacións. Despois chegou o outono e, logo, o inverno. Parecía que nunca ia a chegar o día no que pudesemos inagurar o horto. Nembargantes, esta primavera anticipada deunos a oportunidade de prantar os primeiros bulbos e un pouco de prixel.

Fomos dous Vincis, tres Galileos e dous Copérnicos. A verdade é que o pasamos fenomenal. Agora a ver se medran tanto como as prantas que temos na aula.


Como sabedes os que seguides o blog a profe Susana está de baixa e, a verdade é que, o cole non é o mesmo sen ela. Así que queremos colgar esta foto para que saiba que aínda que non esté no cole fisicamente nos témola presente sempre.

UN BICAZO ENORME E MELLÓRATE.

carnval2


Este ano os alumn@s de Infantil fomos disfrazados de Magos. Queremos dar as grazas aos papás/mamás pola súa colaboración: viñeron a facer os disfraces connosco, colaboraron nos gastos dos disfraces e hoxe estiveron axudándonos a vestir, a maquillar e ata a levar aos nen@s de desfile por Reboreda.

MOITAS GRAZAS, ESTAS FOTOS VAN POR VOS

[rockyou id=133111605&w=450&h=338]


Hoxe aproveitamos que o horario era máis curto para celebrar os aniversarios do mes de febreiro. Aproveitando esta época de festa e larpeiradas decidimos facer unhas rosquillas caseiras.

 Os Vincis preparamos a masa con moito agarimo. Despois,  entre todos fixemos as rosquillas, as profes fritíronnas e… a GOZAR.



Aínda que estamos no entroido a nosa vida experimental segue o seu curso. Rober trouxonos un dominó e despois de ver como se xogaba probamos o efecto dominó. Aos Vincis encantounos ver como se caian pouco a pouco todas as pezas. Logo probamosa facer os nosos efectos e, para ser a primeira vez, non o fixemos nada mal.



A %d blogueros les gusta esto: