Archivo mensual: marzo 2009

Hoxe os Vincis tivemos a sorte de ter unha visita moi especial. Rober trouxo unha tartaruga e fíxomos moita ilusión. Aproveitamos para rebautizala, para ver como era, como andaba, a que se parecía, que comía… Algúns Vincis tiñan medo e non quixeron tocala, outros non querían soltala. Iso si, xogando con ela todos levaron un bo susto.

Despois, como nos gusta moito compartir os nosos descubrimentos deixámoslla aos Galileos e os Copérnicos.


Hoxe aproveitamos para celebrar os aniversarios de Marzo. Normalmente aproveitamos esta circunstancia para facer un taller de cociña, nembargantes, nesta ocasión non cociñamos porque aínda tiñamos moitas delicias navideñas e era unha pena que se estragaran.

 Sopramos as candeas, comemos biscoito, turrón de chocolate, galletas… todo regado cun delicioso zume de piña.

Estiveron connosco a profe Isabel e a profe Marivi.

PASÁMOLO XENIAL!!


El pasado Viernes Claudia, una alumna de 4º curso ha tenido la amabilidad de venir a contarnos un montón de cosas acerca de un viaje que realizó a Marruecos, de él se trajo un montón de recuerdos que quiso compartir con tod@s nosotr@s. Como vereis en el video la escuchamos muy atentos ,pretando atención a todo lo que nos íba contando.
Muchas gracias Claudia.


Se hai algo que enriquece a aprendizaxe dos nen@s é sen dúbida o intercambio de experiencias con outros nen@s. Nos temos iso moi claro por iso as portas das aulas de infantil sempre están abertas e Galileos, Copérnicos e Vincis compartimos todos os días os nosos logros, descubrimentos, inquedanzas, aventuras… Nembargantes, este ano tivemos a sorte de que os alumn@s de primaria tamén quixeran unirse a nosa idea de intercambio. Xa fomos de visita a aula de 4º, tocáronnos os nen@s de todos os cursos, os de 1º contáronnos un conto, co outro primeiro soltamos avións, temos un amigo que nos escribe en 6º… e, dende hoxe, tamén temos un oco na clase de Puchi, onde a profe Olga, especialista de pedagoxía terapéutica, fai un traballo estupendo.


Os Vincis e os nenos de 1º hoxe tivemos unha estimulante clase de aeronáutica. Parece incrible que con algo tan sinxelo coma un avión de papel poidamos aprender tanto, incluidas as mestras. Por exemplo, para que voe un avión necesitamos aire, ás e velocidade.

Tamén aprendemos que a papiroflexia é un arte milenario que ven de Xapón, os avións pertencen a rama chamada aerogami, que son aquelas construccións de papel que poden voar. O primeiro avión que se fixo en papel so tiña 6 movementos e era moi sinxelo. Pouco a pouco esas construccións fóronse perfeccionando e hoxe en día, hai un concurso anual en Finlandia onde tratan de facer os mellores avións de papel.

Hai algúns trucos que poden axudar a que o avión voe (iso si non están demostrados):

– Botar alento na punta do avión

– Que a punta do avión sexa máis pesada que o resto, por exemplo, poñéndolle un clic.

– Que as ás estén dobradas para arriba.

– Que teña un alerón na parte traseira…

Pero o mellor de todo foi que o pasamos xenial, ata subimos as aulas superiores para lanzar os avións, moitos quedaron enganchados nas árbores, algúns aterraron no horto, outros na ventá dos Copérnicos… e  todos terán unha pista de aterraxe sempre na nosa memoria.


CHEGOU A PRIMAVERA E CHEGOU A CALOR, POR ISO OS PEQUES DE REBOREDA VOLTAN A XOGAR AO SEU PATIO, ONDE TEMOS COLUMPIOS, TOBOGÁNS, CASIÑAS, CARRETIÑAS, CUBOS, PÁS,… PERO O LUNS XA POIDEMOS XOGAR COS NOVOS CAMIÓNS DE AREA, TEMOS QUE COIDALOS MOITO E XOGAR ENTRE TODOS, XA QUE SON MOI GRANDES E NECESITAMOS DE MOITA AXUDA PARA ENCHELOS DE AREA, DE FOLLAS, DE HERBA, DE PAPEIS,…

[rockyou id= 134991423]


Esta semana os Copérnicos estivemos a investigar coa sal, probámola xunto co azucre e disolvémola en auga, ao principio pensábamos que se lle botábamos sal ao auga, este auga sería de cor branco pero non, aínda que lle botáramos moita sal sempre era transparente, ao final Álex díxonos que o que pasaba era que a sal cada vez se estaba a facer máis pequena ata que llegou a desaparecer, pero non desapareceu de todo porque si a probábamos a auga era salgada, eso quería dicir que a sal todavía estaba alí, por iso decidimos tinguir a auga con catro cores para ver si é verdad que a sal todavía está na auga, agora debemos ter un pouco de paciencia e esperar varios días para ver como se seca a auga e aparecen os cristais de sal de cores diferentes.

[rockyou id= 134990561]



A %d blogueros les gusta esto: