Os Vincis na nosa clase tiñamos un pequeno invernadoiro, pero, antes de marchar decidimos prantar case todo no noso horto porque xa tiña o tamaño axeitado. Os xirasois levounos David para a súa casa para coidalos nestes días.

Estes días de vacacións o noso horto está so e sen coidadores. A choiva regou os nosos froitos pero o frío igual queimou as nosas plantacións. Non o saberemos ata que mañá cheguemos ao cole.