Estes días algúns cursos andaron coas herbas de San Xoán de diante para atrás. Por que? Como sabedes estamos dentro do proxecto do MEC de Agrupacións Escolares. Este proxecto proporciónanos a posibilidade de facer videoconferencias con outros centros de toda España. A semana próxima, os alumn@s de sexto van estar en Vimbodí- Tarragona con outros nenos de Asturias, León e Tarragona e van falar sobre as herbas de San Xoán. O ramo que se fai coas herbas chámaselle Cacho, e a súa cantidade de herbas varia segundo as zonas, soe levar entre 13 e 21 herbas diferentes. Este ramo queda toda a noite en auga ao orballo e no día de San Xoán, aproveitamos esta auga perfumada para purificarnos.

Hai moitos ritos relacionados con esta noite máxica. Os alumnos de sexto van falarlles aos outros nenos deste rito, levan un cacho para amosarlle, actividades interactivas que elaboraron coa profe Amparo, un tríptico con información sobre a noite de San Xoán que fixeron coa profe Isabel, refráns e ditos recollidos coa profe Marita e unha preciosa caixa de perfumes naturais feitos pola profe Susana e a profe Rosa.

Esperamos que todo lles vaia xenial e este intercambio proporcione novas formas de aprender ao noso alumnado.

herbas