Ola a todos!!!

Os pequenos científicos da clase dos copérnicos están estos días moi liados investigando: como se pode pelar un ovo cru?. Tivemos unha grande conversa falando de si se podía ou non pelar un ovo sen romper a cascara. Vós que pensades? pódese pelar ou non un ovo? Esperamos as vosas respostas. Animádevos a contestar e a investigar un pouco, será moi divertido!!!! Dentro duns días dirémosvos cal é a resposta porque nós xa estamos traballando e temos que esperar uns días para ver o resultado do noso experimento. Os nenos do cole do “Abuelo-Oso” tamén o están a investigar e dentro duns días dirannos cal foi o seu resultado.

Animádevos a investigar un pouco, esperamos as vosas respostas, veredes como é moi divertido e algo sorprendente!!!!