Archivo mensual: mayo 2009

A nosa última visita a biblioteca do cole foi sorprendente. O noso amigo Simón, un neno de 6º que sempre nos escribe correos, contounos un conto que se titula “365 pingüinos”. O conto foi chulísimo e pasámolo moi ben escoitando a Simón.No conto un tío dos protagonista vai enviando un pingüino a súa casa cada día durante un ano enteiro porque o Polo Sur estase a quentar e ten que levar os pingüinos ao Polo Norte. Como somos científicos temos novas preguntas asolando as nosas mentes así que precisamos da vosa axuda:

Que é iso do quecemento global? E, o máis importante, podemos os Vincis facer algo para evitalo? O que? Esperamos as vosas ideas no blog ou no noso correo.

MOITAS GRAZAS SIMÓN, ESTIVECHES XENIAL!! MOITOS BICOS DOS VINCIS

100_3819


Esta vez el experimento que hemos disfrutado ha sido algo muy práctico, como bién explicó el papá de Julen , Diego , si nos perdemos , con una brújula podríamos ir hacia el norte, pero ….cómo conseguirla? , seguid atentos el video y vereis lo sencillo que es.


Que alegría cando fomos hoxe ao patio e miramos para o noso horto. Non sei se foi polo aire, polo vento ou por cousa de encantamento un corazón vermello encheunos de ledicia. NON ENTENDEDES NADA, VERDADE? Máis vale unha imaxe ca mil palabras.


Hoxe os Vincis, Galileos e Copérnicos recibimos un mail convidándonos a ir a clase de 4º A a ver experimentos. Xa sabedes o que nos gusta experimentar así que non puidemos resistirnos, iso si tiñamos que levar un lapiz, igual querían poñernos a pintar ou a facerlles os deberes…!

Quedamos abraiados co que vimos alí. Primeiro falamos da enerxía pero non da eléctrica, nin da solar, senón da que dan os froitos secos. Dan tanta que fervemos auga cunha améndoa. ALUCINANTE VERDADE! Pero non quedou aí a cousa, vimos coma a suma de todas as cores da luz da branco e coma esa mesma luz se converte no arco da vella (experimento que xa fixeramos os Vincis e os Copérnicos) Finalmente rompemos o lapiz!! Tivemos que meter os nosos lapices en auga e resulta que romperon, estaban partidos en dous, daba pena velos. Sorprendentemente cando sacabamos o lapiz da auga volvía a poñerse ben. E é que a luz, o aire e a auga son moi, pero que moi xoguetóns.

MOITÍSIMAS GRAZAS A PROFE LUISA E OS CIENTÍFICOS DE 4º A


ONTE VIU A CLASE A MAMÁ DE ANA E FÍXONOS UN BARCO DE PLASTI, E SABEDES?… PODE FLOTAR!!!!

AO PRINCIPIO ERA UN POUCO COMPLICADO PORQUE TEMOS QUE FACER UN BARCO CON MOITA PRECISIÓN, XA QUE ANA DÍXONOS QUE TEN QUE ESTAR TODO O PESO EQUILIBRADO PARA QUE NON AFUNDA. ENTÓN COMEZAMOS A PENSAR QUE TIPOS DE BARCOS PODERÍAMOS FACER UTILIZANDO DIFERENTES MATERIAIS, COMO CORTIZA, PORESPÁN, PAPEL, METAL,…, E COMEZAMOS XOGAR CON ELES NA AUGA PARA COMPROBAR SE FLOTABAN OU NON.

A PROFE SUSANA DEIXÓUNOS UN BARCO METÁLICO MOI ESPECIAL QUE FLOTABA MOI BEN, PERO… CANDO E ENCHÍAMOS DE COUSAS ÁS VECES PERDÍA O EQUILIBRIO E AFUNDÍASE RÁPIDAMENTE, ANA EXPLICÓUNOS QUE ISO OCURRÍA PORQUE A CARGA NON ESTABA BEN EQUILIBRADA, AS COUSAS MÁIS PESADAS ESTABAN TODAS NO MESMO LADO E FACÍAN QUE O BARCO SE INCLANASE MÁIS DUN LADO QUE DE OUTRO, PERDENDO O EQUILIBRIO E AFUNDINDO RAPIDAMENTE.

[rockyou id=138234389]


Este mes fixemos xelatina. O luns os nen@s que estaban de aniversarios prepararon a xelatina coa axuda de Luisa, e deixáronna descansar un día enteiro.

O martes celebramos os aniversarios todos xuntos, o noso menú era xelatina, piña, melón e un riquísiños biscoitos que fixo a mamá de Lucas. A xelatina parecía que estaba viva con tanto movemento, pero os nen@s pasáronno xenial.

Da xenio velos comer a froita e a xelatina. Pasámolo moi ben.


Toda a etapa de E Infantil , tivemos a gran sorte de poder asistir a esta magnífica obra de títeres, pasámolo moi ben, dende o primeiro momento estes artístas engancháronnos coa historia de este dragón tan feitiño, a historia seméllase moito a de San Jorge e o Dragón , e mesmo a da Coca de Redondela, pero en esta , o dragón non morre a mans do cabaleiro , sinon que marcha en globo con él e a princesiña nunha maravillosa viaxe, viaxe que comenzaron gracias a Pablo e a Irea que foron os encargados de soltar o globo



A %d blogueros les gusta esto: