Archivo mensual: agosto 2009

El circo acuático de 'The Cirkid' visitará Vigo

 Aínda temos unha última proposta para o verán, na avenida de Castelao en Vigo tedes instalado este curioso circo onde podedes ver un clown que non sabe nadar e cae no fondo do mar, onde vive moitísimas aventuras. Tedes as entradas a venda no corte inglés e hai actuacións todos os días ás 8 da tarde e os fins de semana ás 7 e as 9. Se tedes oportunidade non volo perdades.


Dende o 10 de agosto ó 15 de septembro pode visitarse na sala de exposicións do Edificio Multiusos de Redondela a mostra ANIMALARIO do artista Ángel Manuel Rodríguez Romero, Piquico. O escultor, licenciado en BBAA pola Universidade Complutense de Madrid, e cun amplo currículum de exposicións individuais e obra pública, presenta cinco esculturas de grande formado realizadas en madeira, ferro e pedra de diferentes animais: Buitre, Rocinante, Avestruzo (macho), Pajarraco e mesmo unha Libélula que pende duns cables sobre a sala. As pezas mostran un xesto cómplice e humanizado cara o expectador: As veces, cando o home é cruel coa natureza, os animais respostan cun xesto de enfado, mesmo de perplexidade.

Na actualidade anda a traballar cunha escultura  pública de 5ms de alto adicada o entroido de Viana do Bolo. Máis información piquico.blogspot.coEXPOSICIÓN ANIMALARIO DE PIQUICO NO EDIFICIO MULTIUSOS DE REDONDELAm


Xa fai doce anos que se celebra o entroido de verán en Redondela. Esta idea partiu dos donos de diversos locais de Redondela tratando de dar unha alternativa de ocio diferente para a xente máis nova. Pouco a pouco esta idea foise consolidando e, hoxe en día, é xa un referente. Hai concursos de disfraces, actividades para os máis pequenos e pola noite festa, esa que non falte.images


imageIde sacando os disfraces do armario porque xa está a piques de chegar o entroido de verán. O próximo sábado 22, dentro do programa “As noites dos viaductos” e como peche as festas do verán imos ter o tradicional entroido. Así que xa sabedes, buscade no armario roupa vella, caracoutas, antifaces, pinturas e un pouco de imaxinación e aproveitade que xa queda pouco para a volta a normalidade e non debemos perder ningunha oportunidade de pasalo ben.


A)  EN CANTO Á TEMPORALIZACIÓN.- As actividades deste período terán lugar durante os meses de xuño (primeiro contacto coas familias) e de setembro (para as primeiras entrevistas en profundidade coas familias e o proceso de incorporación do alumnado)saludo-2

B)  En canto ao horario…escuela-6

  • Ben perfilado.
  • Flexible na entrada e saída.
  • Necesario e axeitado para fixar hábitos e rutinas.

C)  En canto á incorporación…jugando-3

  • Será específica e individualizada.
  • Será progresiva, esto quere dicir que comenzará cunhas sesións non excesivamente longas para ir ampliando a duración das mesmas de forma flexible e gradual.
  • Será paulatina, é dicir, faranse grupos reducidos para que os pequen@s gocen dun xeito máis individualizado da compaña da mestra e dun grupo reducido de alumn@s.

D) En canto aos espazos da aula…jugando-2

  • Serán de fácil acceso.
  • Deseñados axeitadamente ás actividades que neles se van a desenvolver.
  • Estarán preparados de forma funcional para que os cativ@s poidan facer as súas primeiras exploracións pola aula e primeiros xogos.
  • Será un lugar acolledor e flexiblemente ambientado para que pouco a pouco os nen@s participen na súa decoración e creen un espazo propio.escuela-13
  • Estará ben equipado, “cheo de mensaxes”, de cousas interesantes que respondan as esixencias e intereses dos pequen@s.
  • Estarán ben definidos e dotados de mobiliario e materiais axeitados. Cumprirá establecer normas de uso que pouco a pouco serán traballadas e adaptadas ao alumnado.escuela-12
  • Será importante crear un espazo adicado para gardar os obxectos persoais de cada nen@, xa que será un espazo onde o cativo se sinta cómodo e preto das cousas que lle dan confianza.

escuela-10Cómo poden axudar as familias no  proceso? Existen unha serie de consellos que favorecerán ao desenvolvemento do proceso, como por exemplo:escuela-11

– Amosar seguridade e confianza na escola, aceptar a separación, expresar os sentimentos respecto do proceso e tentar aclarar as dúbidas respecto do profesorado son actitudes que facilitarán o entendemento entre  familia e escola.

– Non facer comentarios negativos da escola.

esculea-1

– Propiciar unha asistencia regular para lograr unha eficaz integración do alumnado, xa que si non o proceso se demorará  e alongará no tempo.

– Vestir aos pequen@s con roupa cómoda, pois isto permitirá que se manexen con maior autonomía.

– Potenciar valores como o de compartir, xa que unha aula é unha comunidade onde non ten sentido a exclusividade.

jugando-1

– Valorar ou interesarse polas actividades cotiás que realizan os nen@s na escola, xa que desprazan o centro de atención dos sentimentos de ansiedade e revalorizan o que fan na aula, fomentando a creación por parte dos cativ@s dun territorio propio da infancia.

– Acostumar aos nen@s a cumprir normas e a ter límites na casa de cara á consecución da súa autonomía persoal na escola.


– Tránsito dun espazo familiar a outro espazo escolar con novos tipos de relación.

– Conseguir que a adaptación sexa a idónea para o seu correcto desenvolvemento.

– Disminuir a tensión, o medo, a angustia e a ansiedade creados polo cambio de situación.

– Compartir información relevante entre familias e escola, mellorando así o coñecemento mutuo.

– Favorecer a sensación de seguridade e confianza na nova situación escolar.

– Descubrir o gozo de estar coas outras e os outros nun ambiente estimulante.

primer día-1

Estes obxectivos conseguiránse promovendo:

* Que alumnado e familias expresen os seus sentimentos e desexos con relación a educación que vai recibir o cativ@.escuela-6

* Que cada nen@ se sinta acollido grazas ao contacto físico e ao diálogo persoal.escuela-13

 

* Que alumnado e familias coñezan o contexto escolar (espazos comúns, comedor, patios, aula,…)

* Que alumnado e familias coñezan ao profesorado.

* Que alumnado e familias coñezan aos compañeiros da escola.saludo-6

* Que alumnado e familias participen no proxecto, nas actividades e das normas da escola.

* Que o alumnado se familiarice con materiais e actividades cotiás da escola.

* Que alumndo e familias integren o ritmo escolar e os horarios nos seus hábitos de sono, alimentación, descanso, tempos de xogos,…escuela-5



A %d blogueros les gusta esto: