Archivo mensual: septiembre 2009

Moitas veces as cousas máis simples pódense converter nas mellores experiencias. Hoxe pola mañá fun onda Manolo, o noso director, e díxenlle se me podía facer un favor. Pedinlle que lle trouxera un paquete aos Vincis. Foi o único que lle dixen pero el xa fixo o resto. Veu a nosa clase co paquete e contounos que era para a clase de catro anos, que raro! Que había dentro? O paquete viña de Inglaterra e chegou en avión, como era posible?

 Non quero contar máis porque é mellor que o vexades. No vídeo veredes que están atropelados, desorganizados, eufóricos… pero, iso é o maravilloso, ver esa emoción, esa curiosidade e esa paixón. Despois, unha cousa levou a outra… que facemos con algo especial? Compartilo, porque as cousas compartidas son as mellores. E así, sen planificación previa, acabamos todos na clase dos exploradores coñecendo a Elmer.

Vades escoitar moitas cousas de Elmer este ano e, preparádevos porque xa estamos maquinando aventuras para Elmer e  necesitámosvos para levalas a cabo. Estade atentos que xa vos avisaremos.

Anuncios

Hoxe á clase dos Vincis chegou un correo moi especial, pero iso…………. xa volo contarán eles!

Na clase dos pequenos exploradores tivemos unhas visitas moi especiais para escoitar o conto de Elmer, xa que os pequenos exploradores están comezando a súa viaxe por un mundo de cores. Pero antes de partir nesta apasionante viaxe polo mundo comezaremos coñecendonos a nós mesmos, coñecendo o noso corpo e o corpo dos demais, descubrindo diferenzas e semellanzas, para logo comezar a investigar no lugar onde vivimos e o lugar ao que pertencemos. Elmer vainos a ensinar que non é malo ser diferente!!!

[rockyou id=153511268]



Hoxe Bea, a mamá de Una,i trouxounos chulas de cabaza para degustar.

Aproveitamos a hora da merenda para comer as chulas. Primeiro miramos unha cabaza, que según os Vincis tiña chicles pegados, aínda que despois de tocala déronse conta de que chicles non eran. Tamén viñan pepitas que deixanos a secar e para poder prantalas na nosa horta.

Foi moi divertido, algúns non querían probar, pero, finalmente, todos probamos as chulas e encantáronnos. Agora queremos que Bea nos faga chulas no cole, a ver se o caracol nos trae boas noticias.


David trouxo unha chea de xudías que tiñan dentro feixóns de cores, había feixóns azuis, brancos, violetas… Eran preciosos. Como sempre non nos puidemos resistir e comezamos a investigar. Vímolos coas lupas, abrímolos, usamos o ordenador e, finalmente, puxémolos a secar para poder prantalos na horta cando sexa época.


Pouco a pouco e xa tod@s xunt@s , estámos empezando a aprender e facer as rutinas da nosa aula,compartir , colaborar…. ser un equipo!!


Xa temos as nosas direccións de correo para que nos escribades , esperamos recibir as vosas mensaxes e por suposto vós ides a recibir as nosas, así que ……DESPEGAMOS!!! Ímos a coñecer outras realidades, outras xentes, outros costumes,outras tradicións….Os exploradores e os Sinefos ( nubes) viaxaremos por terra , mar e aire para achegarnos a un coñecemento significativo de todo o que nos rodea.
Na barra da dereita tendes as nosas direccións de xeito permanente, son estas.
Curso 3 anos “A” : exploradores.reboreda@gmail.com
Curso 3 anos”B” : ossinefos@gmail.com.



A %d blogueros les gusta esto: