Archivo mensual: octubre 2009

ESTA SEMANA FOI MOI INTENSA, XA QUE ESTIVEMOS A PREPARAR DIFERENTES COUSAS PARA O SAMAÍN, DURANTE TODA A SEMANA CONTAMOS CONTOS DE MEDO, CANTAMOS CANCIÓNS TERRORÍFICAS, FIXEMOS MÁSCARAS DE CABAZAS, PANTASMAS PARA DECORAR OS CORREDORES E O ÚLTIMO DÍA DESPOIS DOS ANIVERSARIOS, FIXEMOS BONICREQUES DE PANTASMAS CON DIFERENTES MATERIAIS DE REFUGALLO COMO O RESTO DOS COMPAÑEIROS DE INFANTIL.

 

Anuncios

Hoxe foi un día moi intenso, primeiro celebramos os aniversarios de outubro, despois fixemos un taller para facer pantasmas e logo unha sesión de contos de medo. Contámolos coas luces apagadas, moi xuntos e xogando coa luz dunha linterna. Foi moi divertido e, como xa somos grandes non tivemos nada de medo.

Así celebramos o samaín este ano.


HOXE FIXEMOS BISCOITO DE NATILLAS, COLOCAMOS UNHA CAPA DE BISCOITOS BAÑADOS EN LEITE, LOGO UNHA CAPA DE NATILLAS, E VOLTA A EMPEZAR. OS EXPLORADORES, OS SÍNEFOS, OS VINCIS E OS CHAMÁNS PREPARARON COA SÚA PROFE A SÚA TARTA E OS CUMPLEAÑEIROS COA PROFE ÁNGELES. E LOGO….. XA SABEDES O QUE PASOU, VERDADE?? POIS AHÍ VAI UNHA MOSTRA….

OS SÍNEFOS

OS VINCIS


De todos es sabido lo motivador que resulta trabajar con un ordenador para nuestros alumnos, el escribir en él , realizar diversos ejercicios de lógica, atención…etc etc, pero con un añadido muy pequeño como es una web cam podemos acercar a nuestros peques un mundo maravilloso como es el de los animales, pequeños animales que habitan muy cerca de nosotros y a los que observamos hoy de un modo diferente.
Utilizando dos web cam, situadas en un pequeño cubo , pudimos observar al erizo que nos trajo nuestra AMIGA Claudia de 5º de Primaria , le pusimos un trocito de la monda de manzana que tenía Rodrigo a la espera de que su olor le hiciese despertarse y así fué, le observamos mientras merendamos ,hasta que por fin se despertó, le vimos moverse, comer….y compartimos con nuestros amigos esta experiencia nueva y maravillosa. Una forma diferente de utilizar una herramienta educativa que motiva y fomenta las ganas de saber , aprender, investigar….y seguimos, esto no ha hecho más que empezar!!!!.


A nosa amiga Claudia de 5º trouxounos unha gran sorpresa: un ourizo chaco. Como ver aos ourizos é moi difícil porque fan unha bola e so ensinan os pinchos, a profe Susana tivo unha gran idea e colocou unha cámara dentro da cesta onde estaba e aproveitamos a pantalla grande para ver como comía e se movía.

Os vincis, os exploradores e os sinefos estiveron encantados con este amigo tan especial. Moitas grazas Claudia por compartir con nos esta experiencia.


Aínda que nestes tempos tan globalizados parece que todo ven de fóra, dende o cole de Reboreda queremos transmitirlle aos nen@s o valor do tradicional celebrando o Samaín. Esta festa celta marcaba o paso do outono ao inverno e, como é a antesala do día de santos, nesta noite as familias preparaban platos deliciosos para os vivos.

Os máis novos baleiraban as cabazas e dentro poñían candeas e deixábanas alumeando nas casas en honra dos seus antepasados.

Agora está costume está moi mesturada co Halloween, e os nen@s pensan nos disfraces, nos monstruos e no medo. Nos estamos aproveitando todo isto para ver como celebran esta festa na China e para aprender a superar os nosos medos, e, o mellor xeito, é xogando e ríndonos moito. O primeiro ambientar o centro.


EXPLOANDO, EXPLORANDO DESCUBRIMOS UNHA FESTA MOI POPULAR, HOXE EN DÍA, NAS NOSAS VILAS, A CHEGADA DO SAMAÍN.

AS CABAZAS COMEZAN A ENCHER TODOS OS RECUNCHOS, AS PANTASMAS, OS MORCEGOS,………… E TODO AQUILO QUE DÉ MOITO MEDO.

RAFAEL HOXE TRÓUXONOS UNHA CABAZA QUE PREPAROU NA CASA COA SÚA FAMILIA E EXPLICOUNOS TODOS OS PASOS QUE SEGUIRON ATA DEIXALA TERRIBLEMENTE MOSTRUOSA.

E pronto nos puxemos mans á obra. Iván tróuxonos unha pequena cabaza da súa horta e coa axuda de todos rapidamente vaciámola, fixémoslle a boca, os ollos o nariz, daba medo vela!!!!!! Probamos diferentes sensacións con ela nas mans: estaba fría, mollada, dura, branda, era laranxa, amarela, tiña pepitas e fíos dentro da súa barriga, cheiraba moi ben, como a caramelo,… Puxemos a traballar axiña a todos os sentidos para que non se nos escapase ningún detalle, parecíamos verdadeiros investigadores.



A %d blogueros les gusta esto: