Archivo mensual: noviembre 2009

Agora que a maioría dos Vincis xa manexa o rato, así que estamos aprendendo a manexarnos no portátil sen usalo. E un pouco difícil porque hai que pasar co dedo por unha superficie e despois dar dous toques ou darlle ao botón que está abaixo. Nembargantes, cun pouco de axuda e motivados con algún xogo, imos conseguindo avanzar.

Anuncios

Lembrades que fai uns días os Vincis contáronlles aos Patiños de Asturias como se debuxaba un dragón? Despois colgamos o vídeo no blog do cole e no blog de agrupacións e mandámoslle un mail para avisalos. Xa nos responderon e tamén fixeron unha chea de dragóns. Pintáronnos, fixéronnos con plastilina e ata os debuxaron na pantalla dixital. Quedaron preciosos, aquí tedes unha mostra do que fixeron. Grazas patiños!!


CANDO CHOVE SAÍR AO PATIO É TODA UNHA AVENTURA, POR ISO ESTES DÍAS ESTIVEMOS A ARGALLAR UNHA NOVA FORMA DE DIVERTIRNOS SEN MOLLARNOS E SEN SAÍR DA CLASE.

CONVERTEMOS A AULA NUNHA PEQUENA SALA DE CINE, CUN PORTATIL, UN PROXECTOR, UNS ALTAVOCES E CUNHA PANTALLA MOI ESPECIAL.

BAIXAMOS TODAS AS PERSIANAS, APAGAMOS AS LUCES E……. DEU COMEZO A DIVERTIDA HISTORIA DO RATIÑO PÉREZ.

PASÁMOLO XENIAL E NON NOS IMPORTOU QUEDARNOS NA CLASE SEN SAÍR AO PATIO, XA QUE FOI UN RECREO DIFERENTE E MOI,………………………………. MOI DIVERTIDO.

[rockyou id=155221368&w=426&h=319]


COMA TODOS OS LUNS NA CLASE DOS EXPLORADORES TEMOS UNS CONTACONTOS MOI SINGULARES, NARRAN OS CONTOS QUE LEVAN A CASA DURANTE A FIN DE SEMANA E ENSÍNANNOS OS DEBUXOS DA SÚA HISTORIA.

ESTE DÍA, ANXO, ANTÓN E LUCAS CONTÁRONNOS UNHAS DIVERTIDAS HISTORIETAS.

AÍNDA QUE SON MOI PEQUENIÑOS XA O FAN MOI BEN E PARECEN TODOS UNS PROFESIONAIS, XA QUE O PÚBLICO ESCOITA CON ATENCIÓN ATA O FINAL E DEDÍCANLLES UNS FORTES APLAUSOS.

ATENTOS, ATENTOS QUE A FUNCIÓN VAI COMEZAR!!!!

 


HOXE OS EXPLORADORES SAÍRON DA CLASE PARA XOGAR NO CORREDOR DA ESCOLA CUNHAS TARXETAS MOI ESPECIAIS, TRABALLAMOS VOCABULARIO, AS CORES, OS TAMAÑOS E ADEMAIS… AS FORMAS XEOMÉTRICAS. TENTAMOS DIFERENCIAR O CÍRCULO, DO CADRADO E DO TRIÁNGULO. APRENDEMOS A CONTAR OS LADOS DO CADRADO E AS SÚAS ESQUINIÑAS, E A DICIR ESAS PALABRAS TAN DIFÍCILES COMO CÍRCULO (AÍNDA QUE PARA NOS SEXA SEMPRE UN “REDONDO”). PASÁMOLO XENIAL, MIRADE, MIRADE!!!


Os nosos amigos de Asturias estiveron vendo o vídeo da nosa saída a ver a Coca e escribíronnos moi emocionados. Fíxonos moita ilusión recibir noticias súas así que nos tamén lles escribimos.

Ademáis como querían saber como se debuxaban os dragóns fixémoslle un vídeo dándolles clases. Mirade, mirade, que non ten desperdicio.


Brasil é un país moi grande que está a dar moito xogo, ten un gran río , grandes cidades, un idioma diferente,moita fauna nova para nós, e unha das cousas que máis nos gustan ,unha selva inmensa .
Os Sinefos estivemos durante un par de días preparando uns collares como os que teñen os indíxenas do Amazonas, cada un o seo, logo decoramos unhas follas de periodico para facer con elas unhas “faldas indixenas” ,pero o que máis nos gustou,foi pintarnos a cara, por parellas fumos pintándonos ,cando xa estábamos todos, o xefe do día , que era Braulio , pintou tamén a profe Ángeles e a Susana, quedamos todos guapísimos!!



A %d blogueros les gusta esto: