Archivo mensual: diciembre 2009

A profe de música Isabel, mandounos unhas fotos da China preciosas. Aproveitamos para velas e comentalas. Como estes días tedes tempo, vouvos deixar o vídeo cos comentarios dos Vincis, saben tanto que parecen que xa estiveron na China varias veces. Tamén hai momentos de confusión que vos sacaron un sorriso. Pero, ademáis, vouvos colgar as fotos que nos mandou Isa porque podedes aproveitar para velas cos vosos peques e que volas comenten. Xa veredes canto saben.

Por certo: FELIZ ANO A TODOS.

 

Anuncios

O ÚLTIMO DÍA DE CLASE, MENTRAS ESTABAMOS FACENDO A ASEMBLEA E FALANDO DAS COUSAS QUE ÍAMOS FACER DURANTE O NADAL, UN FORTE GOLPE NA PORTA SOBRESALTOUNOS, QUEN SERÍA???


Non esquezades que nestas datas hai moitas opcións de ocio para os nosos peques. Na nosa vila temos o programa Nadal Cultural con moitas actividades. Hoxe, por exemplo, temos teatro na Xunqueira ás 18 coa compañía Sarabela, e mañá, tamén as 18 os Bolechas.
O 5 de xaneiro a Cabalgata de Reis e o 6 as Rondallas e Ranchos de Reis.
nadal_09
TEDES MÁIS INFORMACIÓN EN:
http://www.turismoredondela.net/gal_index.php

Tamén podedes achegarvos ata o IFEVI onde ten lugar:
VIGOLANDIA
Vigo, IFEVI (Avenida do Aeroporto, 772)Desde o sábado 26 ata o 30 de decembro. Horario: De 15.00 a 21.00 horas

Hai unha pista de xeo no Náutico que vai estar ata o 20 de xaneiro de 11 da mañá a 23 horas.
Na porta do Sol hai unha carpa con actividades, todas as tardes as 18. Hoxe, por exemplo, hai sesión de contacontos.
E non esquezades o cine que sempre é unha boa alternativa, sobre todo, nos días de choiva.


Un video para que pensemos .Entre tod@s podemos cuidar un poco más a este nuestro planeta que cada vez está peor , sencillas acciones para un gran cambio. Es muy bonito y para ver con nuestros peques.



Antes de marchar de vacacións os Vincis prepararon un vídeo de felicitación aos Patitos cunha canción que nos ensinou Luisa o ano pasado. Levabamos moitos días querendo preparar o vídeo pero, por unhas cousas ou outras, nunca tiñamos tempo. Os Vincis non quixeron ir de vacacións sen deixar o traballo feito, e aquí o tedes.


O outro día tivemos a sorte de que as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente viñeran ao cole a falar cos nen@s. Os Vincis estabamos moi nerviosos ante tan elevada presencia e costábanos un pouco poder falar con eles, pero, pouco a pouco, e tirándonos da lingua conseguimos falarlles e pedirlles os agasallos que queremos para este Nadal.



A %d blogueros les gusta esto: