Archivo mensual: enero 2010

Teño que dicir que estou bastante en contra de todos estes días de algo porque dame a sensación de que acaban sendo unha anecdota e non teñen unha verdadeira aplicación educativa. Este ano pintamos unhas mans que levamos para cantar unha canción no campo superior de xogos, os Vincis decidiron que ian facer a bandeira da China e deixenos pintar ao seu xeito. Pasáronno moi ben, pero tampouco traballei moito máis alá coas mans.
Eu considero que a paz é algo que se traballa no día a día, cando compartimos, xogamos xuntos, resolvemos un conflicto… Nembargantes este ano houbo unha proposta dende a biblioteca que me encantou. Margarida mandou unha carta cunha lenda sobre a árbore da paz. Aos Vincis encantoulle e enseguida puxemos mans a obra para axudar a árbore. Foi unha actividade preciosa onde pensamos, traballamos a lectoescritura, compartimos, escoitamos aos demais e, ao final, os Vincis tiveron a sensación de ter feito algo importante con efectos no mundo.



Non me podo resistir a compartir con vos as impresións que tivo Enrique de “el temp de los aficionats” cando viu a entrega de premios que fixemos no cole. Aquí tedes o mail que lle enviou a profe Susana despois de ver o vídeo coa entrega:

Buenos días Susana.

Emoción…muchas emoción de ver con que cariño habéis entregado los premios. Después de tanto trabajo me habéis dado el mayor premio a nuestro esfuerzo…ver la cara de felicidad de esos maravillosos niños y niñas que tienen la suerte de tener a personas con un corazón tan grande como el vuestro. Muchas gracias de todo corazón por este emocionante video que nos habéis dedicado que de bien seguro tendrá una gran repercusión.

No he puesto nada acerca de la condición de los niños en regimen de acogida en Aldeas infantiles SOS porque no sabía si se puede divulgar ese tema. En el caso de que se pueda lo anunciaría para que se sepa que hemos dado el premio a 5 de ellos. Si no es el caso, la información quedará como la encontraréis en la sección de Ecometta. Por cierto, como el video me parece tan maravilloso hoy y mañana estará también en la página principal de la web.

Traslada mi cariño también a Verónica, Rosa y Luisa por la ilusión y el cariño que demuestran con los pequeños y por su colaboración con el concurso.

Biquiños a granel y seguiremos en contacto.

“La familia meteorológica”
Enrique, Carmen, Dan y Jonatan
http://www.eltiempodelosaficionados.com


Recordais los premios “Ecometta” ?, este Jueves nos ha llegado un gran paquete con sorpresas y regalos para todos y cada uno de los participantes , así que avisamos a los Exploradores, los Vincis , El equipo del Maíz y por supuesto nosotros , los Sinefos y en nuestra aula nos reunimos para compartir este momento .
Los ganadores Alba , Mara, Samu y Manuel recibieron junto a sus compañeros el reconocimiento a su gran trabajo.
Muchas gracias a la familia del Tiempo de los aficionados y los premios Ecometta por todo.

AQUI TEDES A ENTREGA DOS VINCIS


NESTE MES ESTIVERON DE ANIVERSARIO: RAFAEL E MARA (DOS EXPLORADORES), PABLO U. (DOS SÍNEFOS), ANTÍA, NEREA E ROBER (DOS VINCIS), JULIEN, AKRAM, DEBORA E HUGO R. (DOS CHAMÁNS).

PREPARAMOS CREMA DE PLÁTANO, CON IOGUR, PLÁTANO E BARQUILLOS DE GALLETA. UNHA RECEITA MOI SINXELA DE PREPARAR E MOI DOCE PARA COMER. TODOS PREPARARON O SEU CUENCO CON MOITA ILUSIÓN, SEMELLABAN TODOS UNS EXPERTOS COCIÑEIROS.

AO REMATAR OS ANIVERSARIOS, CELEBRAMOS TAMÉN O DÍA DA PAZ, PORTANDO UNHAS ENORMES MANS DA PAZ QUE DECORAMOS DURANTE A SEMANA, VISIONANDO UN POWER POINT, CANTANDO A CANCIÓN DE JUANES “PAZ, PAZ, PAZ” E SOLTANDO UN PAR DE POMBAS COMO REMATE FINAL AO ACTO DO DÍA.

AQUI TEDES AOS VINCIS


Este segundo trimestre os Vincis temos unha chea de retos por diante. Queremos construir un dragón, seguir aprendendo cousas da China e xogar coas sombras. Como son moitas cousas hai que ir aos poucos. Estes días estamos investigando que son as sombras chinescas, como se fan, que fai falla…

Aquí tedes un vídeo onde podedes ver os Vincis investigando sobre as sombras.


Como sabedes estes días andamos facendo medios de transporte e temos que dicir que os papás e mamás estades tan entusiasmados (ou máis) que os nen@s e iso alédanos moitísimo. Cando tivemos esta idea tiñamos medo de onde nos meteriamos pero agora, vendo a vosa participación estamos encantados. Animámosvos a que nos acompañedes o día do desfile disfrazados de aventureiros igual ca os nen@s e viaxedes con nos neste mundo de cores.
Por outra banda, algúns papás suxeriron a posibilidade de ir ao entroido de Redondela como unha comparsa, que sería precioso ir cos nen@s, desfilar pola vila pasándoo ben e levar máis alá da escola o traballo feito aquí. Nos non podemos acompañarvos ese día por motivos persoais pero non temos problema en que levedes os medios de transporte e participedes. Así que ánimo, falar entre vos e ide desfilar, queremos ver as fotos dese maravilloso día familiar de diversión.



ESTES DÍAS OS EXPLORADORES E AS SÚAS FAMILIAS ANDAN UN POUCO LIADOS PREPARANDO A SÚA VIAXE POLO ENTROIDO NUN DIVERTIDO E FANTÁSTICO TREN DE CARBÓN.

ASÍ QUE, NA NOSA ASEMBLEA NON PODÍA FALTAR UN DÍA ADICADO A DESCUBRIR COMO SON OS TRENS. E ESTES PEQUENOS EXPLORADORES XA COÑECEN  MOITAS COUSAS DOS TRENS E DOUTROS MEDIOS DE TRANSPORTE. ESCOITADE CON ATENCIÓN!!!



A %d blogueros les gusta esto: