Archivo mensual: febrero 2010

O ano pasado cando fixemos o proxecto da ciencia, algunhas familias estaban preocupadas porque os experimentos non lles saian ben, nos as animávamos a facelo igual porque o fracaso tamén ensina moitas cousas, ademáis de axudarnos a entender e superar a frustación, ter expectativas máis realistas, analizar os resultados e emprender novas accións que nos leven ao triunfo.
Baixo este lema, ao principio de curso prantamos sementes doutras partes do mundo e… os resultados non foron tan bos como os do ano pasado. Nembargantes, este fracaso levounos a falar dos movementos de rotación e traslación da terra, iso si, explicados para nen@s de 4 anos, claro está, dándolle movemento a terra e, aínda que non sexa exacto, tamén ao sol, para que fose máis visual. Aquí tedes dous vídeos (porque nun non collía) dos nen@s analizando o que pasou coas nosas sementes. Espero que os disfrutedes tanto coma min.

PERO, NON TODO VAN SER FRACASOS. Este ano fomos aproveitando as sementes dos froitos que foron chegando a clase, como as cabazas no samain, as xudías pintas que nos trouxo David, o pomelo chino, as peras chinas… E, aproveitando que vai chegar a primavera, prantámolas na aula. A ver se nacen para poder pasalas logo a horta!


Ler e escribir é un proceso complicado e que cada nen@ fai ao seu ritmo segundo a súa madurez. Aproveitando esa diferencia entre os ritmos de aprendizaxe, hoxe escribimos palabras pegando letras. Para iso sentámonos en grupo e axudámonos os uns aos outros. Así, o que xa sabía escribir unha palabra axudaba ao seu compañeiro e, entre todos, conseguiron escribir catro palabras de xeito correcto. Foi unha actividade moi entretida e que nos tivo un bo rato xogando a combinar letras. Ademais, este intercambio de coñecementos fai que os máis adiantados fixen o que saben e o resto melloren os seus coñecementos, se s¡ntan seguros, escoiten e se deixen axudar.


Sabedes o que é un sudoku? É probable que os sudokus os creara un matemático suizo chamado Leonhard Euler, máis que o sudoku, as pautas para facer o xogo. Anos despois unha empresa xaponesa especializada en pasatempos para prensa exportaría a idea a Xapón baixo o nome de SUJI WA DOKUSHIN NI KAGIRU (“os números deben estar sos”), este nome abreviouse en SUDOKU (SU= NÚMERO, DOKU=SOLO).
Trátase dun quebracabezas a base de números que non require especiais coñecementos, so aplicar a lóxica. Normalmente organízanse en cuadrículas de 3×3 con números do 1 ao 9, estes non poden repetirse en ningunha das cuadrículas, nin na fila vertical nin horizontal na que coinciden. Parece un pouco complicado pero todo é práctica.
Aínda que o xogo foi desenvolto polos xaponeses eu aproveitei o tema da China para introducilos (xa sei que China e Xapón non son o mesmo, pero, ás veces, hai que facer pequenas trampas para que todo este relacionado). Comezamos xogando so cos números do 1 ao 4 e en 2×2 e, sorprendentemente, os Vincis entenderon a lóxica de xogo rapidamente. Así que nas vindeiras semanas iremos complicando as cuadrículas, así traballamos a lóxica e o razoamento de xeito lúdico e motivador. Aquí tedes a nosa primeira sesión de sudokus.


JULIA, A PSICÓLOGA DE ALDEAS, ESTANOS A MANDAR MOITAS COUSAS DIFERENTES. O OUTRO DÍA MANDOUNOS FOTOS DO SITIO ONDE VIVE VANESA, E FOI TODA UNHA SORPRESA PARA A NOSA EXPLORADORA DESCUBRIR NAQUELAS FOTOS A SÚA CAMA, O SEU SALÓN, OS COLUMPIOS ONDE XOGA CADA DÍA, A SÚA CASA DE ALDEAS.

TODOS ESTIVERON MOI ATENTOS ÁS EXPLICACIÓNS DE VANESA, XA QUE NOS CONTOU QUE VIVE COS SEUS IRMÁNS E CON OUTROS NENOS E NENAS MAIORES. ESCOITADE CON ATENCIÓN!!


Dende que rematou o entroido, estamos outra vez metidos na China e, neste trimestre, xogando coas sombras. Levamos días preparando a nosa función, vendo o que necesitamos e traendo a aula o que nos fai falla.
Unha vez disposto o material hai que tomar decisións moi importantes: onde colocamos a sabana?, onde hai que poñer a luz?, como nos colocamos? como movemos as personaxes?… En fin, unha chea de detalles pequenos que nos fan pensar moitísimo.
Finalmente, fixemos os porquiños por primeira vez. Non saiu perfecto, pero tampouco estivo nada mal. De momento vai ser un vídeo mudo porque máis adiante quero facer un vídeo con toda a evolución, pero, isto é para que vaiades facendo boca.


OS EXPLORADORES ESTES DÍAS ESTIVEMOS A FACER SOMBRAS CHINAS. UNHA FORMA DIFERENTE DE XOGAR, COMO FAN OS CHINOS DENDE XA FAI MOITOS ANOS.

É UN XOGO MOI SINXELO SÓ NECESITAMOS AS MANS, UNHAS SILUETAS DE CARTÓN E UN FOCO DE LUZ.

OS EXPLORADORES COMEZAMOS XOGANDO ÁS ADIVIÑAS E EXPLORANDO O QUE PODÍAMOS FACER COAS NOSAS MANS E COAS NOSAS SOMBRAS. NOUTRA OCASIÓN XA TENTAREMOS REPRESENTAR UNHA SINXELA HISTORIA, HOXE ASÍ FOI O NOSO PRIMEIRO CONTACTO COAS SOMBRAS CHINAS.


Despois do que traballaron as nosas familias, ben merecían un pouquiño de descanso con un bo libro, os Sinefos compartímos coa mamá de Raúl e coa abuela de Pablo G o noso momento de lectura silenciosa. O video é moi pequeniño, pero podedes facervos unha idea do que foi e do que é cada Xoves e Venres .Cada vez facémolo mellor!!



A %d blogueros les gusta esto: