Archivo mensual: marzo 2010

OS EXPLORADORES SEGUEN VIAXANDO POLA CHINA PERO ESTES DÍAS COÑECERON UNHA LINGUA NOVA QUE SE FALA EN ITALIA, UN PAÍS BASTANTE CERCANO A ESPAÑA.

ALÍ FALAN O ITALIANO, E A NÓS GÚSTANOS FALAR ALGUNHAS VECES EN ITALIANO. A PROFE ROSA XA NOS ENSINOU A SAUDAR, OS NÚMEROS, AS CORES E AGORA XA SABEMOS ALGUNHA SINXELA CANCIÓN EN ITALIANO, COMO POR EXEMPLO,  “IL COCCODILLO COME FA?”, GÚSTANOS TANTO QUE AGORA ESTAMOS A CANTALA A TODAS HORAS. QUEREDES CANTALA CON NÓS? POIS AHÍ VAI UN ADIANTO!!!


OS EXPLORADORES ANTES DE IR DE VACACIÓNS ESTIVERON PENSANDO NO IMPORTANTE QUE ERA TER AMIGOS, XA QUE CON ELES PODEMOS XOGAR, PODEMOS QUERER, PODEMOS ESTAR ACOMPAÑADOS, PODEMOS PEDIRLLE AXUDA.

ASÍ QUE CADA UN PENSOU EN TODOS OS AMIGOS QUE TIÑA, E PENSANDO PENSANDO CHEGAMOS A CONCLUSIÓN DE QUE NON TEMOS SÓ AMIGOS NA CLASE, TEMOS AMIGOS NA ESCOLA (NA CLASE DOS SÍNEFOS, DOS VINCIS E DOS CHAMÁNS), TEMOS AMIGOS NO PARQUE, NO BARRIO,… ATA TEMOS AMIGOS MOI DIFERENTES A NÓS, COMO POR EXEMPLO: A NOSA MASCOTA (QUE A MAIORÍA DAS VECES É UN CAN), A NOSA PROFE, O OSO AVÓ, O NOSO TÍO,…

E PARA REMATAR, COLLEMOS UN LAPIS E UN PAPEL E COMEZAMOS A DEBUXARNOS A NÓS E AOS NOSO AMIGOS.

E SABEDES CAL FOI A NOSA SORPRESA???

QUE XA SABÍAMOS DEBUXAR AOS NOSOS AMIGOS SEN CASE ESQUECER NADA, PUXÉMOSLLE A CABEZA, OS BRAZOS, AS PERNAS, OS OLLOS, A BOCA, AS ORELLAS,… QUEDARON UNS MONIGOTES A MAR DE CHULOS. ERAN OS NOSOS PRIMEIROS MONIGOTES, E COMO QUEDARON TAN LINDOS, FIXÉMOSLLES UNHAS FOTOS PARA ENSINÁRVOLOS, ANTES DE DARLLE COR, PORQUE ÁS VECES CANDO COLOREAMOS EMOCIONÁMONOS TANTO QUE LOGO NON PODEDES VER O QUE HAI DEBAIXO DE TANTA COR.


OS EXPLORADORES, AO IGUAL COS VINCIS, LEVABAN SEMANAS ELABORANDO OS SEUS DRAGÓNS. EMPREGARON MATERIAIS DE REFUGALLO E DIFERENTES TÉCNICAS PLÁSTICAS, COMO POR EXEMPLO: PINTARON CON PINCEL E TÉMPERAS, ESTAMPARON CON ESPONXAS PARA FACER AS MANCHAS DA PEL DO DRAGÓN, PICARON A LINGUA E OS OLLOS, E AO FINAL PEGÁRONLLE AS CRESTAS SOBRE A CABEZA. DABA MEDO VELOS!!!!

DESPOIS DA PASCUA REALIZARÁN ENTRE TODOS UN ENORME DRAGÓN PARA DECORAR O NOSO CORREDOR, COMO XA FIXERON OS VINCIS, PERO……. É QUE NOS SOMOS TODAVÍA UNS NOVATOS NESTES MENESTERES.

ASÍ FOI TODO O PROCESO DE ELABORACIÓN…


Despois de tres meses desconectados do mundo, volvemos a ter internet. Aproveitamos esta novidade para ver o noso correo e volver a atoparnos co noso amigo o caracol, para ver os vídeos que están colgados no blog de Agrupacións e para mandar moitas mensaxes.


Fai unhas semanas levamos os nosos dragóns pequenos para casa, pero dende o inicio do trimestre queriamos facer un dragón grande para poñer no corredor. Levounos moito tempo facelo porque pintar as caixas dos ovos non é nada fácil e a profe tivo que axudarnos e pintar algunhas senón non dabamos acabado. Despois tivemos que poñerlle manchiñas para que quedara máis bonito. E cando o tiñamos case feito, os Vincis quixeron que tivera ás, así que houbo que facerllas, e tamén querían que botara lume pola boca… En fin, despois de moito traballo, hoxe, por fin, colgamos o noso dragón no corredor. Quixeron que quedara coa cabeza colgando para asustar aos nen@s maiores, esperemos que non caian na tentación de tirar por el, senón o noso dragón non sei se durará moito.


Estes días que non vimos ao cole as nosas sementes medraron moitísimo. As cabazas están enormes e temos que pasalas a horta un día destes. Os pepinos medraron tamén unha chea e… hoxe levamos unha alegría, as nosas berenxenas comezaron a medrar. Aínda son moi pequeniñas pero xa se poden ver saindo da terra.
Hoxe collemos as nosas lupas, miramos as sementes, regamos e… prantamos cenouras. Unai trouxo cenouras así que vimos como eran as sementes, lemos as instruccións que viñan no sobre e prantámolas.
A verdade é que o ano pasado tamén prantamos e poderíase pensar que os nen@s van perdendo interes, nembargantes, eles e eu estamos encantados. É algo máxico ver como medran os froitos e como cos nosos coidados convértense en prantas enormes. Axúdannos a facernos responsables, a entender como funciona o ciclo da vida, a facer modificacións cando algo non sae como queremos…
Aquí tedes a estes fantásticos agricultores.


AGORA QUE ALGÚNS VINCIS XA SABEN ESCRIBIR AOS OUTROS CÓSTALLE FACELO SOS PORQUE CREN QUE SE EQUIVOCAN. ASÍ QUE PARA QUE TEÑAN MÁIS CONFIANZA ESTA SEMANA ESCRIBIMOS ENTRE TODOS. A VERDADE É QUE ISO DE ESCRIBIR EN EQUIPO GUSTOUNOS MOITO PORQUE NOS AXUDAMOS E SE TEMOS ALGUNHA DÚBIDA OS AMIGOS DINOS COMO É.
AQUÍ TEDES A MOSTRA DE COMO ESCRIBIMOS EN EQUIPO

PERO, ADEMÁIS DO PROCESO QUEREREDES VER O PRODUCTO FINAL, NON? POIS AQUÍ TEDES AS PÁXINAS DO CONTO FEITAS POLOS DISTINTOS EQUIPOS. PARA FACELO ELES SOS ESTÁN MOI, MOI BEN. HAI ALGÚNS EQUIPOS ONDE SE ENTENDE MELLOR CA OUTROS PORQUE DEPENDE DE SE ALGÚN NENO DO EQUIPO XA SABE ESCRIBIR OU NON, NEMBARGANTES, NON SE TRATA DE SE ESCRIBEN BEN OU NON, SENÓN DUN TRABALLO COLABORATIVO, ONDE ELES PODEN FACER UNHA ACTIVIDADE SOS, FORTALECER A SÚA CONFIANZA E POÑER EN PRÁCTICA O QUE XA SABEN.



A %d blogueros les gusta esto: