Archivo mensual: abril 2010

Onte os peques de Reboreda baixaron a Redondela camiñando ata correos, para mandar varios envíos aos nosos amigos de “Agrupacións Escolares”, os Vincis e os Exploradores mandaron os seus correos á clase dos “patitos” do cole de Villapendi (en Asturias), e os Sínefos a clase dos “tractores” da escola rural de Vilaberd en Tarragona. Os chamáns aínda que non participaban no proxecto de agrupacións, tamén fixeron os seus propios envíos, por parellas escribíronse cartas e ao chegar a correos tiveronnas que pesar e selar para enviar correctamente.

Foi unha viaxe diferente, xa que tivemos que baixar andando dende a escola ata Redondela, acompañados por algúns papis e mamis  por atallos e camiños de senderismo, e logo polas estreitas rúas de Redondela. Cando chegamos tivemos que esperar porque erabamos tantos que non podíamos entrar todos xuntos, así que fixemos varias entradas, despois unha parada para merendar e como premio final xogamos sen parar nos columpios da Xunqueira.

E así foi o envío dos exploradores, en vivo e en directo.

A VISITA DOS VINCIS

UNHA VEZ MÁIS OS NOSOS PEQUES DAN UNHA LECCIÓN DE COMPORTAMENTO E SABER ESTAR.
DA GUSTO IR CON ELES A CALQUERA PARTE PORQUE SE PORTAN XENIAL. O PASEO FOI BASTANTE LONGO E O LEVARON MOI, MOI BEN, NIN QUE DICIR TEN QUE SEN AS FAMILIAS NON PODERÍAMOS TER FEITO ESTA PERICIA PORQUE SON 88 PEQUES E NON É NADA FÁCIL MOVELOS.
EN CORREOS TRATÁRONNOS FENOMENAL E OS NENOS ESTIVERON DE 10, AGARDANDO O TURNO EN SILENCIO, ATENDENDO AS EXPLICACIÓNS DOS FUNCIONARIOS, PAGANDO O ENVÍO…
FAI TEMPO QUE TIÑAMOS GANAS DE FACER ALGO ASÍ PORQUE AÍNDA QUE ENCÁNTANOS AS NOVAS TECNOLOXÍAS, CREMOS QUE OS NENOS TEÑEN QUE SABER QUE HAI OUTROS MEDIOS. AGORA MESMO PASA CANDO PRECISAN INFORMACIÓN, TODO SE REDUCE AO SEÑOR GOOGLE, ASÍ QUE O OUTRO DÍA FOMOS A INVESTIGAR A BIBLIO PARA QUE VEXAN QUE HAI MÁIS FORMAS. CO DE AGRUPACIÓNS FOI IGUAL, NA NOSA REUNIÓN EN ASTURIAS DECIDIMOS DARLLE VIDA AO CORREO TRADICIONAL PARA QUE NON TODO FOSE MULTIMEDIA. DENDE QUE CHEGARON OS PRIMEIROS ENVIOS ESTIVEMOS DÁNDOLLES VOLTAS AO DE IR A CORREOS PARA QUE ELES VIRAN “IN SITU” O PROCESO E DESPOIS DOS RESULTADOS CREO QUE FOI UN GRAN ACERTO. O NOSO DIRECTOR TIÑA UN POUCO DE MEDO E DICIAMOS QUE ESTABAMOS LOCAS DE LEVAR OS PEQUENOS ANDANDO TANTO TEMPO E METELOS LOGO EN CORREOS, QUE ISO NON PODÍA SAIR BEN. É CERTO QUE ESTAMOS UN POUCO TOLAS E ÁS VECES SOMOS UN CHISCO TEMERARIAS, PERO, QUE SERÍA DA VIDA, SEN UNHA PIZCA DE TOLEMIA.
GRAZAS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

Anuncios

Os presentamos a los niños de la escuela de Vilaberd en Tarragona, ellos van a compartir con nosotros un montón de experiencias dentro del proyecto de Agrupaciones Escolares. Para empezar nos conocemos ambas clases.


Os chamáns e as súas familias quixeron darlle a noraboa ao profe Alberto cunha gran sorpresa, e coa axuda das profes e de Luisa poidemos distraelo un anaquiño para esperalo na aula con varios agasallos, un de parte das familias e outro de parte de todos os chamáns. Así foi a sorpresa…


As nosas sementes están enormes e hoxe como nos tocaba regar aproveitamos para prantar os rábanos e os quijabos do Brasil que nos mandou a tía de Rober.
Este ano, con tanta choiva, temos unha praga de caracois na horta e non sabiamos como acabar con eles. Estes lévannos comido a metade dos nosos cultuvos e andabamos un pouco preocupados. O venres, unha das rapazas da comunidade de Montes contounos que para acabar
cos caracois podiamos usar serrín porque ao andar por riba del perden a baba e non poden avanzar, así que hoxe, ademáis de regar, botámoslle serrín aos cultivos a ver se poden seguir medrando e os caracois cambian de lugar onde alimentarse.


Fai uns días recibimos un agasallo moi especial dos nosos amigos os Patitos. Puxémonos moi contentos de ver o que nos fixeran e decidimos que nos tamén tiñamos que facerlles algo.
Escribimos unha carta, preparamos debuxos e mañá imos ir a correos a mandarlles un agasallo noso moi, moi, moi especial.
Aquí vos deixo a nosa preparación do paquete e tamén a presentación que colgaron os patitos no blog de agrupacións onde se ve como prepararon o agasallo que nos mandaron.
MOITAS GRAZAS A PROFE SUSANA E A PROFE TERE DE VILLAPENDI POLA SÚA ADICACIÓN.



PERDOADE QUE COLGUEI O VÍDEO QUE NON ERA, AQUÍ TEDES O BO
Como xa vos contei fai uns días, os Vincis imos sistematizar a nosa asemblea, falando cada día dun tema determinado. Os martes tocan as noticias e como xa analizamos como era un xornal, esta semana falamos dunha noticia que nos sorprendeu moito a todos, a nube tóxica do volcán de Islandia.
É xenial ver como controlan deste tema e, sobre todo, as teorías que teñen. Hai momentos nos que se atrapallan e queren falar todos a un tempo e hai que chamalos a orde, pero, en xeral, podedes ver que o diálogo é moi fluido. O mellor de todo é a conclusión que da Rober, estade atentos, e xa veredes que solución máis boa. Dende logo se os nen@s gobernaran o mundo todo había de ir moitísimo mellor.


A semana pasada os sínefos fixeron “palomitas” e despois todo o cole arrecendía co seu aroma, e claro aos exploradores entráronlle unha ganas enormes de comelas. Así que compramos para o cole un “palomitero” que fainas dun xeito moi particular, sí, sí, dun xeito particular. Non se fan no microondas como fai o papá de Rafa, non, non!!! Necesitabamos uns grans de millo especiais, un pouquiño de sal e o “palomitero”. Este sinxelo aparato non emprega nin lume, nin aceite,… nin nada de nada, só empregaba aire quente! Polo que debíamos ter moito coidado para non queimarnos co aire quente que soltaba. A profe Vero e Luisa, a amiga de todos os peques do cole, non o podían crer, pensaban que aquel aparello era para facer zume de laranxa e ríanse de nós, pero ao final conseguimos sorprendelas.

Así foi a nosa experiencia coas “palomitas de maíz”. Bo proveito!!!



A %d blogueros les gusta esto: