Archivo mensual: mayo 2010

Ao longo do curso, durante a xornada de cada día tíñamos un tempo adicado ao xogo nos recunchos. Era o momento do día máis esperado polos exploradores. Moi pronto todos comprenderon as regras do xogo, durante a semana iríamos pasando por cada un dos recunchos, sen repetir ningún, así cambiabamos de actividade e de compañeiros de xogo. Un día íamos ao do arte, outro día disfrazabamonos no da perruquería, outro día adicabamonos a facer construccións ou a xogar na casiña. Unha vez escollido o recuncho non podíamos cambiar de actividade e compartíamos cos nosos compañeiros miles e novas aventuras. Ao principio costounos un pouquiño aceptar as normas pero agora…. facémolo moi ben. Mirade, mirade!!!


Os Vincis levamos uns días preparando un mural sobre a China. Cada un de nos debuxou algo da China que lle gustaba. Podiamos pintalo, debuxalo, colorealo con témperas, con rotuladores, usar gomets… En fin, cada un ao seu xeito. Pintamos papel contínuo de azul e verde, fixemos os 4 ríos da China, pegamos a muralla e o resto dos debuxos. Escribimos o que eran e aquí tedes o resultado.


Un xeito de traballar lóxica-matemática na escola é aproveitando o xogo como recurso educativo. O bingo serviunos para aprender a contar ata cen, agora estamos usando o dominó para traballar os números, contar, traballar a seriación, identificar números iguais e números diferentes, ordear, aprender regras…
Estivemos vendo o que dicía a wikipedia do dominó e aprendemos unha chea de cousas, cantas fichas tiña o dominó, cales eran as regras, como se xoga e que pasa cos perdedores.
Despois de xogar tentamos facer unha ficha onde había que colocar a ficha do dominó que faltaba. Algúns Vincis tíñamo clarísimo, nembargantes, outros que xogando o facían xenial tiveron dificultades. Iso pasa porque pasar o que aprendemos ao papel supón un traballo de razoamento máis elaborado que o xogo directo. Por iso, imos seguir xogando estes días para mellorar a nosa técnica.



O outro día a profe Rosa de 3º trouxonos unha sorpresa moi especial aos VINCIS, SINEFOS, EXPLORADORES E CHAMÁNS. Un neno da súa clase trouxo un morcego pequeno que entrara na súa casa. Fixéronlle unha estancia cunha caixa de zapatos, papel plástico e un pau.
O pobre morcego estaba morto de medo rodeado de tantos nen@s, pero para nos foi todo un privilexio poder velo de preto, contarlle os dedos, que ten 5, ver a súa cariña tan fermosa, os seus brazos convertidos en ás…
Aquí tedes un anaquiño do momento que pasamos os VINCIS, SINEFOS E EXPLORADORES co morcego.


O outro día recibimos unhas lindas fotos dunha pequena viaxe que fixo un dos nosos exploradores por terras portuguesas, Rafael visitou unha pequena vila chamada Ponte de Lima, alí atopou miles de estatuas que decoraban toda a vila, uns xardíns espectaculares. Aproveitamos tamén para coñecer á nai e ao seu irmán.

Rafael en todo momento tentou explicarnos moi ben cada unha das escenas para que non perdésemos detalle de todas as cousas que alí atopou. Así foi a súa exposición e as preguntas e comentarios dos seus compañeiros…


Como xa se achegan as vacacións e aínda temos tantos cumpleañeiros sen celebrar o seu aniversario, esta vez celebramos os aniversarios de maio e xuño todos xuntos. Alba, Lucía C.A., Paula e Vanesa cumplían 4 anos; Rosi, David, Lucas C., e Lucía cumplían 5 anos e por último, Ignacio e Mar, cumplían 6 anos.

Nesta ocasión tivemos que preparar amorodos con iogur e galletas ao rematar. Os chamáns, como son os maiores eran os encargados de cortar os amorodos en cachiños moi pequeniños, e os vincis, os sínefos e os exploradores eran os encargados de botar os iogures nos recipientes, logo misturalos ben co azucre e ao final engadirlle os amorodos picados. Algúns non podían evitar a tentación de probar aquela mistura tan deliciosa e en máis dunha ocasión metían o dedo para probar un chisquiño daquela merenda tan sabrosa, jajajaja. Non quedou nin gota!!!


Un mes máis celebramos os aniversarios do Peques de Reboreda. Como en xuño se nos xuntan todos os que cumpren no verán, este mes decidimos xuntar aos de maio e xuño para que todo quedara máis repartido.
O noso menu foron amorodos con iogurte grego. Os mestres cortaron en anacos os amorodos e deixáronnos macerar en azúcre. Cando viñeron os nen@s xuntaron nun bol o iogurte, un pouco de azúcre e os amorodos. Como estes estiveran macerando soltaban zume e deixaron o iogurte de color rosa, o que lles fixo moita graza aos nen@s. Finalmente, repartímolos nos cuncos e… A COMER!! Debía estar boísimo porque non nos deixaron nin a proba. Como a profe Rosa e a profe Ángeles tamén celebraban o seu aniversarios, convidáronnos a galletas.
FELICIDADES A LUCAS C, ROSI, HUGO (QUE NON ESTIVO PORQUE TEN VARICELA), A LUCIA E A DAVID.

ALBA DOS SÍNEFOS TAMÉN ESTIVO DE ANIVERSARIO.



A %d blogueros les gusta esto: