Archivo mensual: junio 2010

Nun ano máis o noso concello celebra o campamento urbano pero non é esta a única actividade que oferta, tamén hai campamentos na praia de Cesantes e outras iniciativas interesantes que podedes consultar nesta dirección:

http://www.xuventuderedondela.org/index.php

Anuncios

Como case sen darnos conta o curso 2009-2010 xa chegou ao seu fin. Aínda recordo con morriña aqueles primeiros días nos que houbo risas e algúns choros por ter que chegar a un lugar descoñecido, sen estar preto de papi e de mami, pero case como por arte de maxia os meus pequenos exploradores foron medrando a pasos axigantados. Xuntos descubrimos moitas cousas da China, coma por exemplo que alí para relaxarse faise taichí, que teñen uns templos e construccións chamadas pagodas, que a lenda conta que xa fai moitos anos na China existían 4 dragóns bos que axudaban aos campesinos chineses, que os osos panda comen bambú e por culpa da man do home agora están en perigo de extinción,…

Tamén celebramos por primeira vez en Reboreda moitas das celebracións da escola, como: O magosto, o samaín, o Nadal, o día da paz, o entroido, a semana das letras galegas, o día do libro.

E mes a mes fomos medrando e celebrando os nosos aniversarios nun divertido taller de cociña, onde dábamoslle forma as sorprendentes e sinxelas receitas que elaborabamos con iogur, natillas, froita, chocolate, nata, etc. Así foi como durante estes meses fomos cambiando e como fomos deixando a nosa pegada na escola de Reboreda.

Moitos bicos exploradores!!! Grazas por ensinarme cada día tantas cousas lindas e cousas tan importantes coma o significado dun sorriso de orella a orella, dun bico de chocolate, ou dun deses abrazos múltiples que me quitaban o aire. Grazas e mil grazas pola vosa inocencia!!! Bo verán!!!

Ahí vai un pequeno agasallo dalgúns deses momentos…


O próximo día 28 de xuño ás 10 da mañá teremos unha reunión coas familias do novo alumnado que comeza o próximo curso en educación infantil de 3 anos. Nesta reunión falaremos da chegada ao cole de Reboreda e dalgunhas cuestións que se poden traballar no verán.
Aquí tedes a guía que vos imos entregar.


O concurso remata e con el comezan as despedidas. Fai tres anos que chegou ao noso cole a profe Susana. Tocoulle este centro por adscrición, é dicir, non o pedíu, caiu aquí como podía ter caido en calquera outro lugar.
Dende entón ata hoxe nin que dicir ten que todo o que temos vivido e compartido con ela foi xenial.
Creadora deste blog que hoxe é un medio cotiá que une a vida da famila e da escola, impulsora de proxectos como o RURAL WINGS que aportou unha parabólica ao cole ou o proxecto de Agrupacións Escolares que tan bos momentos nos ten dado vaise agora a vivir unha nova experiencia preto da súa casa.
Para nos, o seu equipo é unha perda enorme pero entendemos e respetamos a súa marcha.
No cole de Reboreda quedará a súa esencia e o traballo ben feito, cos seus incribles Galileos, agora xa en primaria, e, dentro deles, Brais co que traballou sen descanso buscando as mellores posibilidades para el e implicándose ao 200% na súa educación, os Sínefos que medraron e aprenderon a amar a escola a súa beira e, por suposto, o seu equipo ao que nos informatizou, axudounos a coñecer e participar en novos mundos como TADEGA e a darlle valor ao feito.
Nun momento así non hai palabras para definir o que se sente, so podemos dicir que foi unha sorte compartir estes anos con SUSANA é que isto non é un adeus, so un ata logo porque buscaremos todos os medios para poder seguir facendo cousas en común.
MOITA SORTE SANTIAGUESA E QUE CHE COIDEN MOITO NO CRA DE TEO.


O último día do curso, para rematar, tivemos os aniversarios de xullo e agosto. Na clase dos exploradores tivemos 7 cumpleañeiros: Antía, Carla, Iván, Lucía C.C., Lois, Uxía e Antón.

E, como era a última festa do ano, celebrámola dun xeito moi especial. Nesta ocasión poidemos probar diferentes lambetadas (todo aquilo que lles gusta aos máis pekes da casa e aos non tan pekes), como: patatiñas, gusanitos, gominolas, refrescos, etc. e logo, ao rematar poidemos xogar no patio xa que nesta ocasión celebrámola ao aire libre. Mentras uns xogaban outros seguían degustando tan ricos manxares.


Hoxe celebramos unha festa moi especial, trouxo os traxes da baño e FESTA DA AUGA.
Foi xenial, tivemos que poñer a roupa de baño e as zapatillas e ao patio. Unha vez alí, María José, a mamá de David dos Vincis deixounos un chafarís para conectar a mangueira, tamén puxemos un tendal cheo de globos de auga e, aínda que somos pacifistas tiñamos pistolas de auga. O obxectivo: mollarse para contrarrestar o calor. Fai varios anos que queriamos facer esta festa pero o clima non nos acompañaba, nembargantes, este ano todo foi xenial.
Os nen@s pasáronno de vicio e os mestres igual ou aínda mellor que os nen@s.
De vez en cando está xenial romper as barreiras da escola e facer pequenas falcatruadas que nos unen, achégannos e fannos disfrutar a todo.
BO VERÁN A TODOS.
POR CERTO HAI POUCOS FOTOS PORQUE ESTIVEMOS MOLLÁNDONOS, QUE É DO QUE SE TRATABA.

Así os pequenos exploradores gozaron tamén da festa da auga.

Ao principio non lles facía moita graza ter que mollarse pero unha vez que perderon a vergoña e o medo á auga, gozaron sen parar. Foi unha ocasión ideal para mollarse, xa que a maoiría da veces os maiores non nos deixan xogar coa auga, sempre nos din: “Non te molles!!! que logo estarás maliño!!”

Se queredes entretervos un pouco neste vídeo as adiviñas poderedes xogar, preguntádelle aos exploradores quen e quen? seguro que eles algunha pista vos poden dar…


Aproveitando o último día de cole antes das vacacións celebramos os aniversarios do verán. Hoxe tiñamos unha chea de nen@s de aniversarios. Non nos collían todos na mesa.
Durante todo o ano cociñamos e fixemos comida sana pero, un día é un día, por iso hoxe comemos todas as lambetadas que nos encantan e que poucas veces comemos. Foi xenial é moi divertido. O que tivo máis éxito foron os pelotazos, debe ser porque andamos todos coa vea futbolística por isto do mundial.
Na clase dos VINCIS cumprirán no verán: Paula, Jesica, Unai e a profe Vero que vai cumprir uns poucos máis de 5.



A %d blogueros les gusta esto: