Archivo mensual: julio 2010

Os exploradores este curso, durante o seu proxecto de interculturalidade: Viaxando por un mundo de cores, ao igual cos Vincis viaxaron pola China e descubriron moitísimas cousas, coma por exemplo: Comidas chinesas, costumes, formas de entreterse nos momentos de lecer, a súa escritura, formas de relaxación, etc.

Ahí vos deixamos unha presentación con todas as cousiñas que fixemos neste longo curso, para refrescarvos a memoria.

Anuncios

Dentro duns días darán comezo as festas da Peregrina en Pontevedra, dende o 7 de Agosto ata o domingo 14, con diferentes actividades para grandes e pequenos. Así que se vos animades só tedes que achegarvos ata Pontevedra para  participar con todos nos diferentes espectáculos culturais ao longo do día e da semana pasando un ratiño divertido nestas calurosas tardes de verán.

Se queredes más información podedes consultar esta páxina, na que anuncian todas as actividades culturais desa semana: http://pontevedracultura.pontevedra.eu/nenasnenos/?lg=gal


Ultimamente este blog andou a ferver con tanto cambio. Cremos que xa está listo, aínda que pode haber algún retoque novo. Para que vos vaiades familiarizando cos cambios aquí tedes algunhas das novidades que ides a atopar.


Nestes días de vacacións podemos recordar ditos e xogos populares de tradición popular, tanto galegos coma casteláns. Son pequenos recordos moi coñecidos por todos, que van pasando de xeracións en xeracións, cos que podemos xogar coas mans, cos dedos, coas partes da cara,…


Neste curso estivemos elaborando un divertido power-point, co que xogabamos case todas as mañás a resolver todas aquelas adiviñas que nos enviaban as familias a través dos correos electrónicos ou a través do correo ordinario.

Era moi divertido ver coma todos participaban e se axudaban neste sinxelo xogo. Os que traían as adiviñas novas axudaban aos compañeir@s dando pista para que todos acertasen.

Cada día o xogo semellaba novo e diferente porque a profe Rosa cambiaba de orde as adiviñas e engadía as novas polo medio para que todo fose un pouco máis complicado, pero aínda así………… non era capaz de enganarnos. Primeiro tentamos ler entre todos a adiviña e logo buscamos posibles solucións. Esta presentación non é como a que nós utilizamos na clase (xa que eles non podían ver as solucións, coma neste caso) pero podemos usala igual para xogar todos xuntos en familia.

Se queredes pasar un bo rato na casa xogando ás adiviñas aquí vos deixamos o noso xogo para participedes con nós.


O próximo luns comeza en Vigo unha mostra de artistas que se dedican ao clown. Durará ao redor de quince días con espectáculos para todas as idades. É unha boa oportunidade para ir cos nen@s e pasalo ben cos diversos espectáculos que invadirán as rúas estes días. Hoxe para abrir boca, os alumn@s da escola de arte dramático de Vigo actuarán no Progreso, na rúa do príncipe e na praza da Constitución.
Se clicades na foto podedes ter máis información.
BOAS EXPERIENCIAS E BOAS VACACIÓNS!!


 

 Imos facer algúns cambios no noso blog. Aproveitade para deixar os vosos comentarios apartando as vosas suxerencias, se vos apetece que blog teña algún contido novo, se vos gustan ou disgustan as modificacións… Contamos coas vosas opinións porque este espazo tamén é voso.



A %d blogueros les gusta esto: