Archivo mensual: agosto 2010

Aínda non comezou o curso pero xa comezaron a chegarnos propostas para este novo ano. Lembrades a web de metereoloxía catalana que premiou os debuxos dos nen@s o pasado curso? Pois eles tamén comezan o curso con novidades, aqui tedes a carta que nos mandaron para convidarnos a seguir colaborando con eles.

Buenos días:
Tenemos el honor de anunciar que, la que hasta ahora era la web de Meteorología que conocéis como “el tiempo de los aficionados”, con más de 5 años ininterrumpidos de funcionamiento en internet, y cuyos creadores fuimos apodados como “la familia meteorológica” por la Revista del Aficionado a la Meteorología (RAM), hemos decidido dar un paso más. Hemos decidido crear una Asociación dedicada al Medio Ambiente. Desde el día 17 de Julio de 2010 la Asociación sin ánimo de lucro que hemos denominado Ecometta (Ecología-Meteorología, ta del Tiempo de los Aficionados), ha, sido constituida legalmente e inscrita en la Dirección General de Derecho y de Entidades Jurídicas del Departamento de Justicia de la Generalitat de Cataluña.
Ecometta fue el nombre que dimos al primer concurso de dibujo infantil eco-meteorológico que se celebró en nuestro país y fue una idea de nuestro pequeño Jonatan, que contaba con tan solo 8 años en la inauguración del concurso. En su segunda edición tuvo tal éxito, que motivó la creación de esta plataforma que pretende desempeñar una tarea educativa y de sensibilización y respeto por el medio ambiente. Ofreceremos nuestros conocimientos y experiencias, colaboraremos con los centros educativos y entidades científicas y aportaremos todo aquello que pueda servir para mejorar nuestro medio ambiente.
El próximo 1 de Septiembre inauguramos la que será su nueva web. http://www.ecometta.org donde además de dar información actualizada de las actividades de la Asociación, se podrán ver imágenes de impacto, nuevas secciones de naturaleza, así como secciones mejoradas que hemos trasladado de nuestra web anterior que seguirá su camino al servicio de la Meteorología de una forma más especializada.
Os invitamos a entrar en nuestra nueva web y a ayudarnos a difundir nuestro nuevo proyecto.

Saludos

“La familia meteorológica”
Enrique Sánchez, Carmen Benito, Daniel y Jonatan Sánchez
http://www.ecometta.org
ecometta@ecometta.org
http://www.eltiempodelosaficionados.com
eltempsdelaficionat@hotmail.com


Xa non falta nada para volver a outro ano de faena. Preparar as cousas, mercar o material, deitarse cedo aínda que sexa de día, ter que madrugar, batallar á hora do almorzo, choros, protestas, pelexas pola roupa…
En fin… POR QUE SE ACABAN SEMPRE AS VACACIÓNS CO BEN QUE SE ESTÁ?


Ao longo do curso, os exploradores, estiveron aprendendo moitas cancións, algunhas delas xa volas ensinamos a través de divertidos vídeos para que as poiderades bailar con nós, agora deixámosvos a presentación dunha delas coa letra da canción que se chama “Chimpún” para que  a poidades cantar xunto cos vosos peques antes de ir durmir.

Trata das partes do corpo e das diferentes accións que podemos facer con elas. Tocaremos a cabeza, os pés, a cintura, saltaremos para adiante e para atrás, coa pata coxa, sentaremos no chan e ata nós estarricaremos.

Pouco a pouco iremos deixando todas as letras das cancións para que na casa tamén as poidades cantar cada vez que os peques queiran cantar con vós.

Se queredes escoitar a melodía só tedes que buscar no blog, na categoría de cancións, e alí atoparedes os vídeos destes pequenos cantores.


UN ANO MAIS E FIEIS AOS NOSOS COSTUMES, A NOSA VILA ENGALANASE PARA CELEBRAR O ENTROIDO DE VERAN, ASI QUE XA SABEDES, SACADE AS VOSAS MELLORES GALAS E A PASALO BEN. O ENTROIDO DOS NENOS COMEZARA AS CINCO.


A profe Rosa, como coordinadora davos os mellores consellos para este a entrada no cole dos nosos cativos. Eu, humildemente, quero darvos un mais, nunca perdades o bo humor, e antes de traer os cativos a escola, sempre podedes aplicar os consellos de Homer Simpson.


Seguimos lembrando todos aqueles xogos de fai moitos anos, que van pasando de pais a fillos e xa forman parte da nosa cultura tradicional e do noso floclore popular.

Nesta ocasión imos lembrar algúns dos ditos que se recitaban cando se facían os sorteos antes de comezar os xogos. Estes sorteos servían para escoller aos membros do noso equipo; para escoller a man que ten un obxecto agochado;…

Ahí  deixámosvos algúns deses ditos para que os empreguedes nos xogos cos vosos cativ@s; algúns son verdadeiramente divertidos!!!



A %d blogueros les gusta esto: