Archivo mensual: septiembre 2010

Os exploradores e os sínefos estiveron xogando cun novo libro Lim: Os animais domésticos, na nosa PDI caseira.

Foi moi divertido ver como tentaban ler a tarxetas de palabras, como recoñecían os números, ata foi incrible ver como se axudaban entre todos para resolver cada un dos xogos que propuña o libro, aínda que algunhas veces non acertásemos.

Esta é unha nova forma de traballar un montón de competencias lingüísticas, matemáticas, sociais,… dun xeito moi entretido, no que aprendemos case sen darnos conta.


ALBA Y MAMA MANDARON UN VIDEO DE POMPAS


LUCAS CAMIÑO COSTOYA REGALA UNA CANCION

Hoxe, na hora da merenda, estivemos cantando cancións que falaban da auga. Lucas díxonos que había unha que lle gustaba moito que era o do barco de cáscara de noz. Como non a sabiamos enteira buscámola en youtube. Lucas quería que saira no blog así que convideino a escribir un artigo e poñela. Fíxoo moi ben porque a canción está aquí colgada.


Este ano os Vincis temos, ademáis da auga, outro gran proxecto que levar a cabo: A NOSA TENDA. Non é un negocio nada fácil, hai que preparar moitas cousas antes, decidir os prezos, facer os letreiros, preparar a publicidade, entender como se conta o diñeiro…

Hoxe comezamos lendo catálogos, analizando prezos e facendo os primeiros letreiros para a nosa tenda.


Os Vincis hoxe xogamos na clase con esta nova actividade LIM relacionada coa auga. Trátase de ver o que xa saben os nen@s da auga para comezar o noso proxecto. Agora tócavos xogar xuntos na casa. Clicada na foto e adiante.


Un ano máis imos participar no concurso que organiza recoatlantico de recollida de cartuchos de tinta baleiros. Os coles que máis recollan recibiran premios de ata 12.000 euros para investir en actividades para os nen@s. Así que, xa sabedes, se tedes cartuchos da impresora baleiros non os tiredes, traédeos ao cole e axudádenos a gañar este concurso. Tedes as bases clicando a foto.


A semana pasada Dani non veu ao cole porque marchou de vacacións cos seus papás. Foron uns días xeniais onde fixo unha chea de cousas. Aquí tedes un resumo das súas aventuras.



A %d blogueros les gusta esto: