Archivo mensual: octubre 2010

Para o fin de festa do noso Samaín puxemos as nosas cancións favoritas, afinamos  a voz e todos xuntos cantamos e disfrutamos dun gran final terrorífico. Os maiores tamén cantaron e bailaron con nos. E é que temos un ritmo contaxioso.

BO SAMAIN A TODOS.

Anuncios

O manantial de 4ºA estivo con nos neste día tan festivo para axudarnos a pasar unha boa festa. Foron uns monitores xeniais e axudáronnos a facer máscaras, a decorar globos, a maquillarnos e a preparar caramelos terroríficos. Despois fixéronnos unha obriña de teatro sobre o samaín e, así entre talleres e teatro celebramos o noso particular samain.

Pasámolo estupendamente. MOITÍSIMAS GRAZAS AOS NENOS DE 4º E A SÚA PROFE LUISA.

Así traballaron nos talleres os exploradores


Alguén me pode axudar?

Sabedes onde están os meus exploradores???

Coa chegada do Samaín non sei o que está a ocurrir pero…… despareceron os meus queridos exploradores e a clase enchéuseme duns terroríficos e danzantes esqueletes, que bailan sen parar dende o alba ata o anoitecer, UUUUUUUUUhhhhhhh!!! Que medo!!!


Todos os anos os nenos traen cabazas por estas datas pero como os Vincis xa as abrimos, xa as comemos en chulas, cheirámolas, puxémoslles candeas… Este ano quixemos facer algo distinto, así que sacamos os pinceis e convertimos unha cabaza rugosa nun terrorífico morcego.


Como sabedes, cando atopamos unha canción que cremos que lles pode gustar aos nen@s colgámola no blog pero, ao seguir pondo entradas, van quedando fóra da pàxina principal e logo os nen@s non as atopan, por iso, se queredes ver as cancións, na barra lateral da dereita tedes un apartado que pon música e ahí están todos os vídeos a vosa disposición.


MOITÍSIMAS GRAZAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN. HOXE DABA GUSTO VER AOS PEQUES CHEGAR COAS BOLSAS DA HORA DE LER. COMPARTIRON OS CONTOS, COIDÁRONNOS MOI BEN E LERON MOI ANIMADOS. AGORA SO FAI FALLA COLLER O HÁBITO PARA QUE CADA XOVES E VENRES ESAS BOLSAS NOS ENCHAN DE BOAS LECTURAS.


Os maoires da escola estes días andan moi atarefados dando formas terroríficas ás súas cabazas de outono para a clase de lingua estranxeira. Mirade que bonita está a súa exposición, daba moitísimo medo.



A %d blogueros les gusta esto: