Archivo mensual: noviembre 2010

Este venres, como ven sendo cada final de mes, celebramos unha vez máis os aniversarios dos peques de Reboreda. Nesta ocasión os cumpreañeiros foron: Idaira, Alba, Rebeca, David, Dani e Conchi.

Preparamos entre todos iogurt con marmelada de frambuesa e migallas de magdalenas, mmmmmmmm, esta boísimo!!!!

OS VINCIS TAMÉN O PASARON DE VICIO

Anuncios

Estes días traballamos en equipo, pero, un dos puntos máis importantes do traballo colaborativo e que o propio equipo organice o seu traballo, tome as súas decisións e traballe conxuntamente.

Aproveitando que xa coñecemos moitas cousas da auga, escollemos o que queriamos explicar aos Pingotas e aos Cocos do CRA de Teo e cada grupo fixo o que considerou mellor. Ao final os equipos explican o que fixeron. Síntoo moito porque os dous últimos equipos case non saen porque quedeime sen pilas, cousas que pasan. Pero para que vos fagades unha idea creo que pode valer.


Esta foi unha semana moi especial para os Vincis porque, despois de moitos esforzos, conseguiron mercar as palomitas na tenda. Comezamos o día facendo as contas para ver que equipo gañara máis. Despois fomos a comprar coma todas as semanas. Esta vez comezamos a facelo sos, con un pouquiño de axuda da profe, pero, practicamente sos. O mellor de todo foi cando Paula e Pablo fixeron o gran descubrimento da semana… Teño que dicir que para min foi super emocionante ver como os Vincis, aplicando a lóxica conseguiron mercar as palomitas. Fíxome moitísma ilusión, sobre todo, porque aínda non fai un mes que temos a tenda e se a estas alturas facemos estes descubrimentos, que faremos de aquí a final de curso!!! Non quero adiantarvos nada, para que disfrutedes do vídeo. Hai moito ruído de fondo porque o resto están en recunchos, pero prestando atención podedes escoitar todo o proceso de pensamento destes pequenos fenómenos.

PRIMEIRO FACEMOS AS CONTAS

AGORA A MERCAR


Os exploradores cada fin de semana adícanse a percorrer recunchos interesantes da nosa terra galega. Nesta ocasión Hugo viaxou a terras coruñesas para visitar á súa madriña e aproveitou para coñecer cousas do fondo mariño no gran acuario desa cidade. Alí atopou medusas, estrelas de mar, morenas, tiburóns, bancos de peixes,… e como un gran coñecedor das augas mariñas explicounos a tod@s un montón de cousas moi interesantes.

Así de ben falou Hugo e aclarou aos seus compañeir@s todas as dúbidas que tiñan. Deixade de facer o que tedes entre mans e escoitade con atención…


Aproveitando que mañá temos aniversarios e que estabamos na nosa hora semanal de informática, escribimos o noso recado no ordenador. Non foi fácil porque non o tiñamos escrito en ningún sitio, había que usar a cabeza para poder escribilo e tiña que estar ben para que na casa o entenderan.  Fixemos pequenos grupos e, cada grupo, conseguiu facer o recado e levalo para casa.


O próximo domingo 28 tedes unha cita no Multiusos de Redondela para asistir a un concerto de Mama Cabra. Hoxe enviamos a información a casa. O sábado 4 hai talleres pola mañá e pola tarde para traballar sobre o conto. Se tedes oportunidade ide porque logo agasallaran aos nen@s cos libros, que veñen cun cd e un dvd moi interesantes. Para poder asisitir aos talleres é preciso que o día do concerto levedes cuberto o papel verde que levaron hoxe os nen@s para casa e o metades nunha urna que haberá na sala. No vos esquezades e pasádeo ben. Se queredes saber máis cousas de Mamá Cabra clicade na imaxe e iredes a súa web.


Hoxe os nosos peques levaron unha nota pedindo que fagades un adorno de nadal con material de refugallo para a nosa árbore. Queremos que usades calquera cousa que teñades na casa e lle botedes un pouco de imaxinación. É unha boa desculpa para pasar un bo rato cos peques, desenvolver a creatividade, facer algo xuntos formando un equipo e compartir esa creación cos demais. Non queremos que vos compliquedes, so que disfrutedes da compañía mutua. Podedes facer fotos do proceso e mandárnolas, así despois creamos unha entrada no blog co voso traballo na casa. Moitas grazas por axudarnos.
Para darvos ideas deixamos este slide con algúns adornos moi sinxelos e que quedan xenial, aínda que estamos seguras de que nos ides sorprender.



A %d blogueros les gusta esto: