Archivo mensual: diciembre 2010

Manolo, o noso dire, que tampouco descansa no nadal, mandounos este piano tan chulo para que compoñades melodías para despedir e recibir o ano. Clicade na imaxe e a tocar.


O último día, chegaron por sorpresa as nosas clases os reis magos de oriente, estiveron moi atentos a todo o que estabamos facendo, especialmente o rei Gaspar que tiña unha conexión moi especial cos nosos exploradores. Fixeron moitas preguntas aos peques pero tamén eles lles fixeron moitas e moi curiosas. Así foi a chegada real á clase dos exploradores…


Antes de marchar de vacacións, os Reis Magos viñeron a facernos unha visita e a ver como nos portaramos durante o ano. Os Vincis que non calamos nunca quedamos mudos e impresionados. Estaban alí, ao noso ladiño, mirando como faciamos as cartas e non sabiamos que dicir. Iso si, nos tamén tivemos unha gran sorpresa para eles. Mirade, mirade!!!


Os Vincis estivemos aprendendo a facer cartas, poñerlles o saúdo, a entrada, o desenvolvemento, a despedida e, por suposto, a firma. Despois aplicamos todos estes coñecemos para facer a carta aos Reis Magos.



Os últimos días de clase os Vincis andivemos moi ocupados, pero, unha das cousas que máis nos gustou foi preparar galletas na clase. Primeiro tivemos que facer a masa e, despois, en pequenos grupos, amasamos e démoslle formas. Uns minutiños de forno e… RIQUÍSIMAS.



Os exploradores andiveron preparando, estes días antes de rematar o primeiro trimestre, as portadas dos seus traballos ao longo de varias sesións. Tiveron que deixar voar a súa imaxinación e representar as cousas de Nadal que máis lles gustan, como por exemplo: bonecos de neve, árbores de Nadal, agasallos,… para elo empregaron diferentes técnicas plásticas que daban forma e cor as súas pequenas creacións, como: o collage, o recortado, o debuxo, o rasgado,…

Estes foron os resultados e tamén vos deixamos unha mostra de todo o proceso de elaboración e creación de tan lindas obras de arte. Noraboa!!!


Nesta ocasión na clase dos exploradores non había ningún “cumpleañeiro” pero pasámolo xenial na festa dos nosos compis. Cantamos, botamos foguetes, comemos lambetadas de Nadal e ata “palomitas” de millo. Que ben o pasamos!!!!



A %d blogueros les gusta esto: