Archivo mensual: enero 2011

A semana pasada estivemos observando e experimentando co vapor de auga e foi moi divertido aínda que tivemos que probar moitas veces ata acadar uns resultados satisfactorios.

Xogamos con auga fría para ver se podíamos encher un globo pero…. non ocurría nada, logo probamos con auga quente, moi, moi quente pero…. o globo inchábase moi pouco. Ata que Luisa, a nosa gran axudante, viu cargadiña cunha chea de auga quente, moi, moi, moi quente e agora sí, agora o globo inchouse tanto que ata semellaba unha cariña.

Os exploradores non poideron resistirse para ver tal fenómeno así que rapidamente se ergueron das súas cadeiras para comprobar cos seus pequenos olliños o que alí estaba sucedendo.

Así foi o noso novo experimento acuático.


Hoxe é o último día para entregar os debuxos para o concurso de meteoroloxía no que participamos os peques de Reboreda. Os Vincis mandamos os debuxos feitos con auga antes do nadal, pero queriamos mandar algo máis e aproveitando que este ano traballamos sobre a auga fixen unha compilación de debuxos dos feitos na aula para mandar.  Agora so nos falta agardar polo dictamen do xurado.


Mañá, 1 de febreiro de 2011, ás 17 horas, temos reunión no cole de Reboreda. É moi importante que asistades. Vémonos alí.


Bos días, ainda que hoxe (31 de xaneiro) é o propio día da Paz, a semana pasada estivemos a falar moito dela e a traballar para que tódolos días sexan días de paz. Cada día que pasa xa facemos maís cousas no sós e avanzamos moito en canto a autonomía dentro da aula, imos polo bó camiño, mirade senón.

Saúdos dos waters.


Levamos toda a semana preparando este día, facendo uns marca-páxinas moi orixinais con pingarota e coa pomba da paz. Logo tivemos que ensaiar unha e outra vez a canción: “O auga é vida”.

Así que o venres despois da hora de ler, saimos todos ao patio dos maiores e alí, escoitamos atentamente poemas de paz, cantamos a nosa canción e fixemos a solta tradicional de pombas como remate final a este acto.

Así foi a nosa actuación…


Confeso que non son moi partidaria deste tipo de celebracións porque creo necesario traballo todos os días e non un día puntual. Nembargantes, a proposta da profe Patri fixemos un mar de paz moi chulo. Os Vincis xogaron co Lim da Paz e gustoulles moito así que ogalla algún día non teñamos que celebrar este día.

Se queredes ver o mural con máis detalle clicade del e podederes velo usando un zoom.

Clicade na imaxe para xogar co Lim


Seguimos coas nosas accións para salvar a fervenza de Reboreda. Esta semana estivemos mandando correos a todo os que nos quixeiran escoitar e, por suposto, cos oídos moi abertos as  repostas que ian achegando a través de diversos medios.

Despois Rober trouxo unha revista que falaba da nosa fervenza e tivemos un debate moi acalorado. Mirade, mirade!



A %d blogueros les gusta esto: