Archivo mensual: febrero 2011

A semana pasada o exploradores tamén tiveron a oportunidade de probar e saborear algúns dos produtos da nosa horta de inverno, como por exemplo: brocoli, lombarda, verdura, coliflor,…

E aquí vos deixamos a un dos exploradores que degustou tan ricos manxares e tivo a acordura de deixarnos esta simpática foto. Graciñas!!!

Anuncios

Pingarota este luns deixou o seguinte mandato: O luns nubrado é o primeiro e toca vir con sombreiro.

E así foi como chegaron os exploradores o seu primeiro día do meco.


Hoxe deu comezo unha nova andaina moi interesante cos peques de Reboreda.

Trátase de achegar a escola un pouquiño máis ás familias. Xa comparten con nós un montón de cousiñas, como por exemplo: participan nos talleres do entroido, ás veces talleres de cociña, outras veces visitas relacionadas co noso proxecto da auga, etc.

Nesta ocasión queremos chegar un pouquiño máis lonxe, queremos compartir cos avós/avoas momentos de morriña. Queremos coñecer como vivían antes cando non tiñan tantas comodidades como agora temos nós nos nosos fogares. Por exemplo: como facían a fariña?, como lavaban a roupa? que comidas preparaban?,…

Paula, unha dicharachera exploradora, hoxe quixo presentarnos á súa avoa e á súa bisavoa a través dun vídeo moi entretido no que “Juanita” contóunos un millón de cousas dos muíños e a “bisa” contóunos cousas dos lavadoiros e pequenas anécdotas de cando ela era pequena. A máis cantarina de todas foi a avoa de Paula que regalóunos varias cantigas.

Ahí vos deixamos todas as súas explicacións e o ben que o fixo Paula como entrevistadora. Noraboa!!!!

Os Vincis quedaron encantados e aprenderon unha chea de cousas. Aquí tedes a actividade complementaria que levamos despois a cabo na aula.


Como case todas as semanas os exploradores reciben algún e-mail das familias. Nesta ocasión a afortunada foi Lucía C.C., que levaba moito tempo esperando a chegaran as fotos da súa viaxe a Canarias.

Ahí vos deixamos a esta experta narradora contando, dun xeito moi natural, cada unha das fotografías que nos mandaron papá e mamá.


Estes días a nosa horta encheuse de narcisos que lle dan un colorido fantástico. Pero, ademais, como recollemos o brecol, a coliflor e as verzas, hai que ir prantando novos cultivos. Para  algunhas sementes é cedeo e aínda  non poden ir a horta e como vimos que os Cocos e os Pingotas tiñan unha chea de semilleiros, nos non quixemos ser menos. Prantamos espinafres e tomates.  A ver que nos sae.


Hai un novo concurso no que imos participar, neste caso hai que facer debuxos sobre o coidado do medioambiente. So por participar mándannos un kit e danlle a cada nen@ un diploma e, se hai sorte, igual gañamos algo. Se clicades na imaxe tedes toda a información.


Que facer cando os Vincis xa adquiriron o que se pretendía nun principio cun proxecto coma a tenda? Sempre hai dúas opcións, deixar o recuncho como xogo ou tentar darlle unha volta e sacarlle máis rendemento.

Coma ir mercar e ser os tendeiros gústalles moito parecíame unha pena desaproveitar o potencial educativo da tenda, así que, esta semana complicamos as cousas. Cando chegou a hora de repartir os soldos resulta que non había un soldo por equipo, senón que tiñamos un soldo para toda a clase que había que repartir a partes iguais. Así que tiveron que debatir nos equipos e designar a un experto para que fose a unha mesa de debate onde se decidira como facer un reparto xusto. Non vos adianto máis.

Xa vedes que escoller aos expertos non lles custou moito, iso si, non parece que teñan moi claro coma van a repartir os cartos. Aquí tedes o vídeo dos expertos debatindo, teñen que sacar todo o seu potencial porque a pregunta non é sinxela e parece que non lle van a dar atopado unha solución. Nembargante, estade atentos, de seguro que quedades moi sorprendidos.

Eu cando puxen  actividade pensaba que ian chegar a conclusión de que os billetes podíanse dividir en moedas e así era máis sinxelo dividilos. Nunca pensei que se lles ocurriría botar man dos aforros. E isto é o maravilloso, non hai unha única solución, calquera é válida sempre que se responda ao problema formulado. Da gusto velos traballar en equipo e poñer todas as súas cabeciñas a funcionar.

Repartido o diñeiro so quedaba ir mercar a tenda. Nesta ocasión tocáballe a Antía ser a tendeira. Ser tendeiro é unha responsabilidade enorme e, normalmente, están super nervosos e cústalle moito facer as contas porque teñen medo a traducarse. Aquí tedes a nosa tendeira facendo contas e máis contas.



A %d blogueros les gusta esto: