Archivo mensual: marzo 2011

Como xa vos comentei no artigo do outro día, durante estas semanas os Vincis van ir a compra facendo a lista  antes. Claro que, cada semana, o encargado de ir a tenda ten que ser un novo membro do grupo para que todos teñan que facer a lista e asumir a responsabilidade de comprar para todo o grupo.

Esta semana a nosa tendeira foi Antía, que ademais, era a encargada de mercar no seu grupo, iso si, organizándonos todo foi posible.


Xa levamos uns días levando os equipos para casa despois de refacer os horarios e de buscar as mellores solucións para todos. Aquí tedes as primeiras impresións dos que xa tiveron os equipos na casa.

Ademáis da opinión dos nen@s, comezaron a chegar as primeiras fotos do seu uso na casa. Aqui tedes a Lucas G pasándoo xenial co ordenador. So levou un pequeno susto cando o equipo non encendía, rompérase de repente… Bueno, igual non rompera so se lle acabara a batería pero o susto foi o mesmo.


Despois de ir de excursión a escola de Casalonga, os Vincis prepararon uns debuxos co que máis lle gustou da visita. Iamos mandalos por correo pero co entroido, o fluir das tics… foron quedando atrás, así que aproveitando que ia coincidir coa profe Susana encuadernamos os debuxos para poder darllos.

Mirade que ben representaron a nosa visita a Casalonga.


A semana pasada xa vos contamos que Margarida preparou unha mochila moi chula que cada semana irá viaxando pola casa dun dos exploradores.

Na súa primeira viaxe pasou uns días na casa de Mara e alí gozou dunha fin de semana moi entretida con Mara e a súa familia. Viron unha peli, leron o conto de Rato Tom e Rata Tomasa, leron o libro da auga,… pero claro algunhas cousas quedaron sen ver porque xa non tiveron máis tempo pero haberá máis ocasións para rematar de ver todos os materiais que nos presta Margarida.

Ahí vos deixamos un pequeno resumo de todo o que fixo Mara e a súa familia coa mochila viaxeira. Mirade que ben o explica todo esta pequena exploradora…


O outro día, antes de ir a fervenza, e aproveitando a celebración do día da auga, os Vincis debuxaron a fervenza, pero despois de ir vela había moitas cousas que non estaban ben así que tiveron que refacer os seus debuxos. Despois volvemos a poñelos no mural ao lado dos primeiros e, ese mural vaise converter na nosa proposta para os premios coidadores do medioambiente dos pitufos no que nos inscribimos fai unhas semanas. Xa vedes que aproveitamos o feito para o resto dos proxectos.


OS WATERS

O xoves pasado vivimos unha experiencia moi grata que levábamos moito tempo agardando. Despois de moito falar na aula da fervenza de Reboreda, por fin fomos coñecela. Non moi un camiño doado xa que os accesos son complicados a nada acondicionados, pero grazas ós pais e nais dos nenos conseguimos chegar e disfrutar dunha das paisaxes máis fermosas de Reboreda.
Ahí vos queda un anaco da experiencia vivida. Saúdos.

OS VINCIS

Despois de tantos meses de traballo e aproveitando que esta semana celebramos o DÍA MUNDIAL DA AUGA, hoxe fomos a fervenza. Ás 10.30 puxemos a hora de saída e levamos unha maravillosa sorpresa cando vimos a cantidade de familias que acudiron ao cole para acompañarnos. Estaban os pais, as mamás, tías e ata as avoas. Quedamos tod@s contentísimos de ter tantos acompañantes.

 Puxemos rumbo a fervenza e fomos aproveitando para ver o río e os muiños que hai polo camiño.

Entramos polas obras do AVE porque era o camiño máis directo e sinxelo para os peques, pero,  aínda así tivemos que sortear ferros, charcos, terraplens, pasar por unha herba case máis alta ca nos… Este paseo sería imposible se as familias non se coordinasen e nos axudaran a subir os nen@s nos desniveis, abriran paso indo diante e tumbando as herbas, marcaran os charcos poñéndose diante e crearan un muro no borde na fervenza para evitar sustos.

Os Vincis quedaron moi preocupados porque aínda non limparon o camiño, porque non poden bañarse coma os seus papás, porque había basura a beira da fervenza e pouco sitio para xogar. Están desexando escribir e mandar as fotos a todas partes para poder poñer remedio.

Lucía estaba preocupada porque cando debuxamos a fervenza so fixeron un salto de auga e na fervenza había tres, dous grandes e un pequeno, tampouco debuxaron o río nin as pedras. Para solucionar isto mañá imos volver debuxar a fervenza.

Coma sempre seguide atentos porque seguiremos na nosa particular loita. Alguén poderá pensar que isto non nos vai levar a ningunha parte pero a estas alturas coa conciencia medioambiental que teñen os nosos peques, a súa valoración da importancia de conservar o medio próximo, o coidado co que escriben as cartas e os mails, a súa aprendizaxe da procura de máis información e o seu poder de implicar as familias, eu creo que a fervenza ten sido un dos mellores contidos educativos destes últimos tres anos xuntos.

UNHA VEZ MÁIS GRAZAS A TODOS POR ESTAR A NOSA BEIRA, POLA VOSA IMPLICACIÓN E POR VOLVER FÁCIL O DIFÍCIL.

OS EXPLORADORES

Os exploradores tamén gozaron do lindo. Xa polo de camiño á fervenza ían explorando novos territorios en busca de información, atopando regatos, saltos de auga, muíños, muíños de vento para sacar auga,…

Pero… o que máis lles gustou foi camiñar entre a herba, estaba tan alta que case non se lles veía. Eles ían todos preparados coas botas de auga porque xa sabían o que poderían atopar nun lugar tan pouco coidado, quedaron abraiados co estado da fervenza, xa a viran en fotos pero non era o mesmo que estar alí tan pretiño. Ata as familias estaban sorprendidas do deterioro tan grande da súa querida fervenza.

Pouco a pouco comezaron a contarlles aos cativ@s todas as súas aventuras de mocidade, como por exemplo, cando se ían a bañar a fervenza e se tiraban dunha pedra facendo que era un trampolín, onde aprenderon a nadar sen flotador, había algún que fora tan traveso que perdera algún dente nalgunha daquelas rochas. Eles tampouco podían imaxinar que ninguén se preocupara todos estes anos de tan fermoso lugar e deixase que a maleza e o lixo se apoderara dela.

Así foi de divertida a visita dos exploradores…

O XOVES PASADO OS SÍNEFOS TAMÉN DISFRUTAMOS DA SAÍDA Á FERVENZA DO RÍO ALVEDOSA, AQUÍ TENDES UNHA PEQUENA MOSTRA


Con estes Vincis, cada semana hai que buscar novos retos para seguir sacándolle partido a  tenda. Esta semana comezamos unha nova variante nas nosas compras. Durante varias semanas, imos ir mercar facendo a lista da compra. Para isto cada equipo debe seleccionar a quen vai ir mercar, teñen que escoller o que queren, facer a lista e ese representante mercará para todos. En principio parece sinxelo pero, coma sempre, hai unha pequena trampa. Esta semana cada equipo ten 10 euros e teñen que facer lista e anotar os prezos, facer a suma e axustarse a ese presuposto. A pesar dalgúns tropezos, todos conseguen facer a súa lista.

Agora que todos teñen a lista feita toca ir mercar. Hoxe o tendeiro é Rober que ten unha gran responsabilidade. Facer a contas de cada cliente e a conta final da tenda. Mirade, mirade!!!



A %d blogueros les gusta esto: