Archivo mensual: abril 2011

Xa en anos anteriores nos pasou que no recuncho das construccións somos quen de construir cousas sorprendentes. Agora coma somos máis altos, queremos construir torres que cheguen ata o teito. Buscamos axudas por todos os medios, aínda que, debemos seguir investigando un pouco máis.


Nesta ocasión foron Alba M e Rober os que comparten con todos nos a súa experiencia na casa xogando cos ordenadores. Pasáronno xenial e todos botan de menos ter tan pouco tempo cos equipos. A ver se en breve comezamos a segunda ronda incluindo as alfombras máxicas


Volver das vacacións sempre é duro pero, todo se leva mellor cando se atopan pequenas sorpresa. O outro día cando Luisa veu saudarnos  díxonos que tiñamos a horta chea de amorodos, así que cando chegou á hora do patio, saimos un pouco antes e alá fomos. Había unha chea, fomos pola cesta e puxémonos mans a obra. Claro que o que máis nos gusta é comer!!!


Despois de tantos días lonxe custa retomar as actividades pasadas e esta semana esta sendo de transmisión. Nembargante, temos algúns vídeos pendentes porque, aínda que eu non estaba o fluir das tics seguiu fluindo e, pouco a pouco van chegando cousiñas.

Aquí vos deixo un vídeo moi simpático de David e do seu primo xogando, están para comelos!!

Ademáis do vídeo, tamén nos enviaron unhas fotos.


Levóunos días pero xa está rematado o noso bonito mural para o concurso dos pitufos. Fai unhas semanas chegou a escola a proposta de participar nun sinxelo concurso de debuxos, no que o tema principal era o coidado do medio ambiente. A nós parecéunos unha boa idea porque como xa estamos traballando o tema da auga e o coidado do medio ambiente esta era unha boa ocasión para participar.

Así que deseñamos un bonito mural, no que todos participaron aportando o seu pequeno gran de area. Para facelo utilizamos diferentes técnicas plásticas e diferentes materiais que deron forma a un conto no que os exploradores transformáronse nuns pitufos moi solidarios. E sabedes cal foi o noso tema escollido???………………….. A nosa querida fervenza.

Os pitufos axudaron a dar cor e manter limpa a fervenza cos seus pinceis, escribindo cartas ao concello, colocando carteis de advertencia, coidando as flores e árbores do contorno,…

Agora deixámosvos un vídeo de todo o proceso de creación e cal foi o resultado final dun bonito traballo colaborativo. Esperamos que vos guste e……………………………………………….. ao xurado tamén.


A última vez que tivemos tenda na clase dos Vincis, tivemos a dous tendeiros, primeiro Alba M e logo David. A Alba tocáballe a semana anterior pero eu despistei e mandei ao seguinte e ela non me dixo nada. Tardei dous días en darme conta, así que David compartiu o seu turno con ela. Unha vez máis primeiro tiveron que facer a lista da compra nos equipos, escoller quen ia ir comprar, anotar todo, facer as contas e, logo, a comprar.

Mirade que maiores.


Estes días estivemos moi ocupados tratando de por en marcha unha actividade de traballo cooperativo chamada, “A mensaxe misteriosa”.

A actividade consistía no seguinte: Todo o grupo debería traballar cooperativamente para conseguir descubrir unha mensaxe misteriosa.

Primeiro tivemos que facer os grupos e buscar os nomes dos mesmos. Agora temos 5 grupos de 4 nenos e nenas cada un. Os seus nomes son: Os dinosaurios, as bolboretas, os spidermans, os ponys e os cabalos veloces.

Despois de ter un nome o grupo tivo que traballar conxuntamente para tratar de descubrir o que tiñamos que facer cunhas etiquetas moi raras que nos deu a profe, eran……. palabras. Pero….. que facer con aquelas palabras? Todos estaban dacordo, aquelas palabras querían dicir algo pero…….. o que????

Despois dunha infinidade de esforzos conseguimos ir, pouco a pouco, descifrando a mensaxe. Unha vez conseguida tiñamos que facer o mesmo pero cada un na súa ficha. Sen esquecer que todo o grupo debería rematar a ficha igual, polo que todos deberían axudarse para conseguir rematar con éxito a actividade.

A verdade que, para ser un dos primeiros intentos en grupo, o resultado foi moi positivo. Daba gusto ver como os meus exploradores se organizaban e como conseguían descubrir entre todos o que tiñan que facer naquela actividade tan diferente. Cada día que pase faranno un pouquiño mellor e descubriran todas as ventaxas de realizar un bo traballo cooperativo.

Ahí deixámosvos dous videos porque foron tan intensas as sesións desta actividade que non fun capaz de facer un resumo máis breve. Esperamos que vos gusten!!!



A %d blogueros les gusta esto: