Archivo mensual: mayo 2011

Coma sabedes andamos buscando logo para a camiseta de Agrupacións. O próximo día 3 péchanse as votacións. Non esquezades entrar no Facebook de centrosinnovadores e votar polos vosos debuxos favoritos. So tedes que marcar Me gusta e deixar un comentario co voso voto. Non vos esquezades.

 

Anuncios

Estes días o correo electrónico andou moi axitado. Recibimos unha chea de fotos das vacacións dalgúns dos Vincis e estes disfrutaron moitísimo contádonos todo o que tiñan feito. Unai falou da súa visita a Coruña e da fervenza de Ezaro, foi cos seus papás e primos e pasouno de vicio.  Ata tivemos que atopar ras que andaban camufladas nunha foto.

Antía e Nerea foron con Anxo e Lucía dos exploradores ao zoo de Madrid e alí miraron unha chea de animais coma delfíns, voitres, osos panda, rinocerontes… A mellor é a última foto onde saen convertidos en monos e mapaches.

Finalmente, Rober e a súa irmá, dos waters, Alicia foron a pasar uns días a Portonovo, a disfrutar da praia e do sol, que envexa nos deron a todos estes dous.

Moitas grazas a todos por compartir estes fermosos momentos con todos nós.


Os ordenadores seguen a ir para casa a pesar dalgúns inconvintes. Este fin de semana, ademáis dos títeres, Alba D aproveitou para xogar co ordenador. Pasouno moi ben, escribiu e xogou moito.

O seu xogo favorito foi o de facer tartas. Mirade que concentrada está!!!


Coma xa vos comentei, de aqui a final de curso imos aproveitar para facer contos xuntos na clase aproveitando as estratexias de aprendizaxe cooperativo que levamos aplicadas durante todo o curso. Nesta ocasión os autores dos contos leron as súas obras. Mirade que artistas!!!


Despois dun longo ano, cada semana adicamos 40´ minutos á semana para ler en silencio despois de que soase a música que indicaba que chegaba o momento de viaxar polo mundo dos soños e das aventuras aos que nos transportaban os libros. Así nun día tan especial decidimos sair fóra y compartir con todos os compañeir@s da escola as nosas leturas.

Saímos e buscamos unha boa sombra, logo todos en grupo sentamos sobre a herba pero………. pouco a pouco cada un foi buscando a súa postura favorita.

Ahí vos deixamos un pequeno agasallo desta sesión tan especial…

OS VINCIS FIXÉRONNO XENIAL.


Coma xa sabedes temos estamos buscando debuxos para a camiseta de Agrupacións Escolares. A semana pasada, os Vincis entramos en Facebook para ver todos os debuxos que participan e facer as nosas votacións.


Esta semana, os exploradores estivemos descubrindo moitas cousas do fondo mariño con diferentes bits. Comparamos algunhas das fotografías con elementos que tiñamos na clase e que teñen nomes iguais aos dos seres vivos que podemos atopar nas profundidades mariñas, como por exemplo cando atopamos esponxas do recanto da auga e descubrimos que son moi parecidas ás mariñas. Poidemos manipular e descubrir moitas sensacións ao tocar unha estrela de mar coas nosas propias mans.

Con cada fotografía tamén tentamos escribir os seus nomes, ordeando as letras pouco a pouco entre todos os compañeir@s.

Así foi unha sesión tan mariña…



A %d blogueros les gusta esto: