Archivo mensual: julio 2011

Mañá as rúas de Redondela volven encherse de artistas de todo o mundo demostrando todo o que saben facer para poder entreternos. Aquí vos deixo o cartel deste ano e o programa para que organicedes a xornada.

DÍA 29 DE XULLO A PARTIR DAS 20:30:

TEATRO DE NINGURES

ALEXANDRE TOZO, MÚSICA BULGARIA

RÁUL MARTÍNEZ, SHOWMAN, CUBA

GUILLERME JACOBE, MÚSICA, COLOMBIA

MAXIMO OPTIMO, CIRCO, MADRID

DOCTOR BUCKEMAN, PERCUSIÓN, MADRID

NANNY COGORNO, SHOWMAN, ARGENTINA

E O 30 DE XULLO MOITO MÁIS

Anuncios

Durante o curso os exploradores poideron ver o contos dun xeito moi especial, fixemos varios power-points cos contos que máis lles gustaban. Deste xeito resultaba máis motivador e tamén así era máis doado prestar atención porque na pantalla grande e coa aula oscurecida semellaba un divertido cine. Despois a profe deixaba os contos na biblioteca e era todo un éxito, eses eran os contos máis vistos de todos. Algúns deles, os da editorial OQO, teñen tamén cancións e nós fixemos os nosos particulares vídeos para que a motivación fose maior.

Pouco a pouco vos iremos deixando varias presentacións cos seus vídeos para que tamén dende a casa os poidedes aproveitar. Eiquí vos deixamos o conto de “Mariluz, a avestruz”. Espero que vos guste…

E se queredes cantar, ahí tedes o vídeo da canción…


A partir de mañá comeza en Vigo o FESTICLOWN, un festival cheo de actuacións na rúa. Clicade na imaxe e veredes o programa deste ano.


A nosa visita a Valencia deu para moito e mestres eu visitaba o museo das Ciencias para aprender máis e máis, a profe Susana foi pasear cos dinosaurios e preparou este vídeo tan chulo. Mirade que grandes e como se moven!!!


Ademáis de visitar o Oceanografic, aproveitamos o congreso para visitar o AGORA, nova construcción na Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia e ver o que hacían alí 6500 mozos durante unha semana de encerramento. Nos pensabamos atopar unha chea de tolos da informática xogando sen parar e resulta que alí había xente de todas as idades deseñando, construindo, investigando e inventando aparellados cos que facernos a vida máis sinxela. Aquí vos deixo unha pequena mostra.


A semana pasada tivemos a sorte de que nos convidaran ao Congreso Educaparty en Valencia. Igual vistes na tele a todos os frikis cos seus ordenadores no Museo das Ciencias. Dentro dese encontro había un apartado para mestres, onde 300 mestres de toda España compartimos inquedanzas, ponencias, talleres e ideas durante tres días moi intensos.

Foi xenial falar e compartir experiencias con outros mestres aos que lles gustan as novas tecnoloxías e cren que outra educación é posible. Pero, o mellor, foi pasar anaquiños cos frikis dos ordenadores vendo todo o que facían, aínda que diso falareivos máis adiante.

Hoxe quero aproveitar para convidarvos ao OCEANOGRAFIC de Valencia, realmente é unha experiencia incrible. Sei que queda un pouco lonxe, e coma este ano traballamos tanto a auga, deixovos un vídeo con todo o que nos ensinaron. Espero que disfrutedes tanto coma min vendo as morsas xigantes ou as misteriosas belugas.


Despois dun longo ano traballando arredor da auga, eiquí vos deixamos unha pequena mostra dalgunhas das actividades, saídas, experimentos, talleres coas familias,… que fixemos este curso, nos que a auga foi a principal protagonista.



A %d blogueros les gusta esto: