Durante o curso os exploradores poideron ver o contos dun xeito moi especial, fixemos varios power-points cos contos que máis lles gustaban. Deste xeito resultaba máis motivador e tamén así era máis doado prestar atención porque na pantalla grande e coa aula oscurecida semellaba un divertido cine. Despois a profe deixaba os contos na biblioteca e era todo un éxito, eses eran os contos máis vistos de todos. Algúns deles, os da editorial OQO, teñen tamén cancións e nós fixemos os nosos particulares vídeos para que a motivación fose maior.

Pouco a pouco vos iremos deixando varias presentacións cos seus vídeos para que tamén dende a casa os poidedes aproveitar. Eiquí vos deixamos o conto de «Mariluz, a avestruz». Espero que vos guste…

E se queredes cantar, ahí tedes o vídeo da canción…