Archivo mensual: agosto 2011

Antes de rematar as vacacións de verán aínda podemos facer moitas cousas no noso tempo de lecer, por iso eiquí vos deixamos unha nova proposta para esta fin de semana: “A feira franca” de Pontevedra, así que se queredes voltar ao medievo esta pode ser unha boa ocasión para descubrir as profesións dese momento, gozar cos xogos tradicionais desta época ou contemplar un verdadeiro torneo medieval.

Clicade na imaxe e podedes consultar o programa deses días.

Anuncios

Xa falta pouco para o inicio do novo curso e para novos proxectos e ideas, pero antes, e para rematar  ben o tema da auga aquí vos deixo un vídeo moi chulo que espero que vos guste moito.


Un ano máis toca desempolvar os disfraces do armario porque xa está aquí o entroido de verán. E é que aos redondelanos moito nos gusta a festa.

O próximo sábado día 20 celebraremos unha vez máis unha festa na que os nosos peques serán os protas dende ás 17 horas con talleres, caroutas e festa. Ás 20 horas virán os paiasos.

Polo noite, os maiores teremos festa no Campo da Feira acompañados polo DJ Chimo Bayo, lembrades quen é? Estaba de moda cando eu era unha cativa: ESTA SI, ESTA NO, ESTA ME GUSTA ME LA COMO YO!!!

Aquí vos deixo ocartel, é so unha foto, non cliquedes que non vai a ningunha parte. Vémonos o sábado. BO ENTROIDO A TODOS!!!


Nesta ocasión eiquí deixamos un novo conto de OQO, chamado: “Loboferoz”. Preparamos unha sinxela presentación e un vídeo da canción.

Trata da historia dun lobiño moi, moi fraquiño porque só comía papas de arroz. Un día quixo comer outras cousas pero non era capaz de asustar a ninguén. Esperamos que vos guste.


Aquí vos deixo un conto moi colorido e caluroso para superar a tristeza da chuvia e do mal tempo. Espero que vos guste.


Aínda que sempre vos proponos actividades de Redondela e arredores, neste caso convidámosvos a ir un pouco máis lonxe, ata Compostela, a disfrutar dun festival moi orixinal.

 


O próximo sábado, 13 de agosto, darán comezo as festas da peregrina cun montón de actividades coas que gozar cada día da semana. Eiquí vos deixamos todas as actividades programadas para eses días que podedes compartir cos vosos peques. Clica na imaxe e veredes o progama das festas.

Animádevos a vir a Pontevedra, seguro que atopades algunha actividade divertida coa que pasar un ratiño de lecer cos vosos peques!!!! Boas festas!!!



A %d blogueros les gusta esto: