Archivo mensual: septiembre 2011

Estes días andando pola rede atopei este xogo da Xunta de Castilla que está moi ben. Clicade na imaxe, deixade que cargue e iredes a un bosque, cada animal ten unha actividade distinta e con elas aprenderedes moitas cousas, por exemplo, o alfabeto, seguindo a canción que nos canta o coello, cousas dos animais salvaxes… Espero que vos guste.


Os exploradores este luns andiveron moi liados coa nosa pequena horta, xa que durante o verán e as vacacións medraron moitísimo as herbas malas e agora nos tocaba preparala para a chegada do outono.

Quitamos as herbas secas, regamos, plantamos coles galegas típicas desta tempada, e ata poidemos recoller algúns dos froitos plantados na primavera, como por expemplo as fabas que recollemos grazas a Lucía C.C. e a súa familia, xa que o curso pasado regaláronnos unha chea de sementes.

Mirade que ben o pasan no horto estes pequenos pero grandes labregos.


DESPOIS DUN LONGO VERÁN A NOSA HORTA ESTÁ CHEA DE HERBAS E UN POUCO DESCOIDADA POLO QUE OS PROFES PUXÉMONOS MANS Á OBRA PARA QUE OS EXPLORADORES, OS SÍNEFOS, OS WATERS E OS COCORICOS POIDAN SEMENTAR NESTE NOVO CURSO E SEGUIR COLABORANDO CO PROXECTO VOZ NATURA.

COMO VEREDES A CONTINUACIÓN ATOPAMOS MOITAS SORPRESAS NA TERRA… ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!


Hoxe queremos presentarvos outro dos contos preferidos dos exploradores, “Cocorico” da editorial OQO. Agora tamén vai ser o preferido dos nosos cocoricos, xa que del os nosos peques colleron o seu nome.

Aquí vos deixamos a letra da canción nunha sinxela presentación y logo o vídeo da mesma para que a cantedes cos peques cada vez que lles contedes o conto.

Esperamos que vos guste tanto como a todos nós.

E para que coñezades o conto eiquí vos deixamos unha sinxela presentación para que llo contedes na casa aos nosos pequenos cocoricos.


Eiquí vos deixo un conto moi outonal, para que dedes a benvida a nova estación e pouco a pouco digamos adeus ao noso querido verán.


Este curso os exploradores atoparon moitas novidades na súa aula, os recunchos cambiaron de sitio, a decoración era diferente, os percheiros estaban nos corredores,… e ata a nosa sinxela pantalla de aula cambiara, agora era unha PDI de verdade!!!

A profe Vero como este curso vai a estar de baixan moito tempo pola chegada de Alma, quixo que os exploradores gozaran aprendendo coa PDI da súa aula. É unha pasada!!!, como din eles, jajajajaja. Agora podemos facer as rutinas de forma máis cómoda e sen ter que empregar o ordenador dende tan lonxe, agora as nosas mans dirixen todas as actividades. Parecía sinxelo pero ao principio tivemos algúns atrancos pero é normal, é unha pantalla moi sensible e caprichosa e ás veces non fai caso ao que lle dicimos.

Eiquí vos deixo unha pequena mostra deses primeiros momentos de interacción con ela. Esta sí que é unha forma divertida e altamente motivadora para aprender a ler e a contar.


O venres, chegaron os 8 últimos cocoricos, algúns xa se coñeceran días atrás pero outros eran novos no grupo polo que aproveitamos para facer as presentacións e… falando, falando algúns comezaron a soltarse e dixéronnos cantos irmás e irmáns tiñan, se eran grandes ou pequechos,… e así case sen darnos conta comezamos a facer a nosa primeira asemblea.

Pero creo que mellor que contárvolo eu será que contempledes este vídeo tan especial, onde podedes comprobar os primeiros pasiños destes cocoricos na escola de Reboreda. Espero que vos guste!!!



A %d blogueros les gusta esto: