Archivo mensual: octubre 2011

O SAMAÍN ESTE ANO DEIXOUNOS MOITOS TRABALLOS E MOITOS MOMENTOS DIVERTIDOS QUE VOS QUEREMOS AMOSAR, XA QUE LONXE DE PASAR MEDO, FORON UNS DÍAS DE DIVERTIMENTO E LEDICIA. OLLADE BEN QUE CARAS, ¿SERÁN DE MEDO DE VERDADE?

Anuncios

Coa chegada do outono e a finalización do mes de outubro no cole de Reboreda comezan a ocurrir un milleiro de cousas moi misteriosas, será o “Samaín”???

Pois os exploradores non quixeron pasar esta celebración por alto e estiveron traballando todos estes días redor desta festa tan antiga.

Mirade cantas cousiñas prepararon estes días e que ben o pasaron sen chisca de medo. Uuuuuuuuuuuuhhhh!!!


¡Ola familias! Como podedes ver Os Cocoricos tamén desfrutaron moito das actividades que levamos a cabo para celebrar o día do Samaín. Esperamos que vos gusten e aínda que son algo terroríficas, ¡non teñades medo!
¡Un saúdo!


A nosa amiga Belén Junquera ten no seu blog este simpático xogo onde podedes deseñar cabazas moi chulas. Hai moitas letras en inglés pero é fácil, escolledes o modelo de cabaza que queredes, o instrumento co que ides facer o vaciado e… MELLOR VELO. Clicade e terroríficos xogos!!!


Antón recibiu un e-mail cun montón de fotografías feitas durante as súas vacacións de verán en Santander, nun parque natural moi particular. Ahí deixámosvos uns retazos do que foi esa animada sesión de “falando en público”.


Durante varias semanas levabamos comentando cos pequenos o duro que é vivir sen auga, eles estaban moi concienciados xa que o curso pasado estivemos traballando no proxecto “Pinga a pinga”.
Estivemos todo un ano traballando coa auga pero… a auga non aparece. Está escondida, sen ganas de baixar a enchernos de alegría. As noticias non paran de falar de recortes no suministro, de situación de risco se non chove, do baleiros que están os embalses… e iso que nos somos unha comunidade rica en auga.
Por iso a actividade de hoxe ten máis sentido ca nunca, podemos poñernos na situación daqueles aos que a chuvia non chega durante meses, non teñen embalses, camiñan horas por unha xerra de auga… e, día tras día, a historia volve repetirse.
Por iso queremos dar as grazas a cada un dos participantes que trouxo unha pinga de esperanza en forma de libro e agora, imos trocar as nosas pingas por outras, sabendo que ese intercambio convertirase en chuvia para níger, chuvia que dará esperanza e novos horizontes a outros nen@s, que coma nos neste momento, non paran de ver para o ceo pedidno auga para a vida.
Ánimo e con estas pingas literarias, enchamos de auga de cores a Níger e os nosos redores.

OS WATERS

Boas, os waters tardamos un pouco pero xa estamos aquí. A actividade do mercadiño siolidario deunos moito xogo na clase xa que traballamos moitas cousas do proxecto do curso pasado e que da nome á nosa aula. Queremos compartilo con todos vós, ou polo menos unha parte importante de todo o traballo feito por cada pinga de auga que forman os waters. Saúdos.

OS SÍNEFOS

AQUÍ TENDES UNHA PEQUENA MOSTRA DE TÓDOLO QUE TRABALLAMOS PARA LEVAR A BO PORTO ESTA ACTIVIDADE, APRENDEMOS UNHA CHEA DE COUSAS E DISFRUTAMOS MOITO, PERO QUE MOITO; MIRADE CARIÑAS CON GAÑAS DE COMPARTIR.
O RESULTADO FOI FANTÁSTICO COMO PODEDES VER, E UNHA VEZ MÁIS TAMÉN GRACIAS A VÓS FAMILIAS.

OS EXPLORADORES
Así que………. puxémonos mans á obra e preparamos con esmero o cartel do noso posto do mercado, recollemos os donativos e eleximos un número que nos permitiría colocarnos ordeadamente nunha ringleira para ir trocar o noso vale por un libro. Así foi todo o proceso de preparación e desenvolvemento desta bonita actividade solidaria, á que tamén se uniron outros cursos da escola. Grazas a tod@s pola vosa pequena pero GRAN colaboración co pobo de Níger.

OS COCORICOS

Boas novas! O pasado venres, Os Cocoricos, quixemos formar parte duha grande labor solidaria. A organización dun mercadiño de contos, a través do cal se recadaron fondos para axudar aos nenos e nenas de Níxer, onde a auga é moi escasa. Tal e como podedes observar, non soamente doamos contos para que todos os poidamos comprar, senón que tamén lle axudamos á profe María a elaborar o cartel do mercadiño. Ademais aprendemos o importante que é a auga para os seres vivos e a necesidade de axudar aos que non a teñen. Esperamos que vos guste o noso traballo.

Un saúdo familias!


Matilda, a mascota da biblioteca do CEIP OUTEIRO DAS PENAS, creou este site cheo de recursos para traballar o samain. Hai de todo, xogos, cancións, información… Aquí volo deixo, clicade na imaxe e a traballar. Grazas aos profes que comparten o seu traballo, colaborando entre todos enriquecémonos e melloramos a nosa práctica.



A %d blogueros les gusta esto: