Archivo mensual: noviembre 2011

Este curso os maiores dos peques acaban de iniciarse nunha nova tarefa. Temos unha libreta viaxeira coa que mandamos recados a casa, para dar algunha noticia ás familias, para ensinarlles unha canción ou unha adiviña, e tamén para facer cousiñas durante a fin de semana coas familias. Nesta ocasión propusémoslle unha saída polo seu contorno para buscar os cambios na paisaxe durante o outono, e como actividade escolar pedímoslles que trouxeran follas de outono de cores e formas diferentes.

Foi todo un éxito!!! Os pequech@s estaban emocionadísimos por levar unha libreta de “maiores” e encantóulles a actividade proposta polo que os resultados foron espectaculares. Atoparon tantas cousiñas que tivemos que facer unha gran asemblea na que amosaron ao grupo as súas follas, comentaron como eran (grandes, pequenas, lisas, rugosas, aromáticas, grosas, fráxiles,…), como se chamaban e tamén trouxeron algúns recordos dese paseo polo campo, como por exemplo:cogumelos.

Mirade, mirade canto aproveitamos estes pequenos recursos.

Anuncios

Este ano sei de boa tinta que os peques de Reboreda anda enleados cos trasnos, así que, dende a distancia, déixovos está canción sobre trasnos que me encanta. A ver se vos gusta tanto coma min.


FAI UNS DÍAS QUE O SÍNEFO ANTÓN INSISTE EN TRAER AO COLE A SÚA CAMARA DE FOTOS, E NON É PARA MENOS XA QUE NO COLE QUITAMOS FOTOS A DIARIO, EXPLICOUNOS QUE TEN MOITAS FUNCIÓNS: PODES FACER FOTOS, VIDEOS, XOGAR,… E CANDO NOS DECATAMOS, ANTÓN TROUXERA A CÁMARAR AO COLE E DECIDIU QUITARNOS FOTOS A TOD@S, ENCANTOUNOS A IDEA E POSAMOS GUSTOSAMENTE, MIRADE.

E ESTE FOI O RESULTADO, FANTÁSTICO, CREO QUE SAÍMOS TOD@S MOI FERMOS@S, E SEN FOTOSHOP.



¡Ola familias! Desde o outono Os Cocoricos estivemos moi implicados na elaboración da nosa araña, foron moitas horas de traballo e adicación; pintando, modelando, pegando e ,por suposto, xogando. Pero o traballo valeu a pena, xa que nos quedaron unhas arañas moi terroríficas á par de simpáticas. Esperamos que pasarades moito medo ao velas, xa que nos divertimos moito practicándoo na aula.
Neste video podedes ver unha pequena mostra dos pasos que seguimos para a súa elaboración, esperamos que o desfrutedes moito.
Un bico grande.


Levamos días preparando as nosas arañas pasiño a pasiño. E despois de tantos días xa están preparadas, co seu corpiño e negro e as súas 8 peludas patiñas.

Así os exploradores prepararon esta divertida manualidade.


Dende os primeiros días na escola de Reboreda aprendemos a importancia que ten saber reciclar e separar o lixo para o coidado do medio ambiente. Así que na clase temos diferentes contedores, para orgánicos, plásticos e papeis. Para que esa lavor fose máis doada colocamos uns carteis dentro da aula explicando por cores e imaxes o que debemos deixar dentro de cada un deles. Tamén unha vez cheos os contedores da aula levámolos para baleirar nos colectores grandes da escola. E se algunha vez merendamos no patio tamén seguimos separando o lixo dun xeito correcto.

Eiquí deixamos unha pequena mostra de como coidan o medio ambiente os máis novos da escola.


Este curso á clase dos exploradores chegaron 3 novas incorporacións: Bianca, Andrea e Valentina. Pouco a pouco vanse adaptando ao novo cole e xa comezan a participar activamente en todas as actividades que propoñemos.

Nesta ocasión foi Valentina a que recibíu una correo moi especial da súa familia. Ela que é unha exploradora moi tímida por uns instantes perdeu a vergoña e contounos a mar de ben cada unha das imaxes que pouco a pouco íamos descubrindo. Mirade que ben o fixo para ser a súa primeira vez. Noraboa Valentina!!! Fixéchelo xenial!!!



A %d blogueros les gusta esto: