Archivo mensual: diciembre 2011

A nosa amiga Belén Junquera fixo esta actividade LIM onde podedes escoller se queredes xogar en galego, castelán ou inglés. Por unha banda tedes o conto e por outra as actividades. Algunhas están en minúscula e igual necesitades a axuda de papá e mamá, así que aproveitade para xogar todos xuntos. Espero que vos guste.

FELIZ ANO NOVO A TOD@S

 


Aquí vos deixo un enlace con xogos para pasar o tempo mentres esperamos a chegada dos Reis Magos. Clicade na imaxe e a xogar. Tamén o tedes nos recursos do nadal da barra lateral.


O último día deste trimestre mentras estabamos traballando chegaron a escola de Reboreda… “Os tres Resis Magos”

Non trouxeron agasallos porque soamente viñan a ver como traballaban estes pequechos, pero iso sí… deixáronlles uns paquetiños de caramelos e fixeron as tradicionais fotos de grupo con eles.

Foi unha gran sorpresa!!!



Para felicitar ás nosas familias neste Nadal, Os Cocoricos, elaboramos un grande Papá Noel. Deunos moito traballo, pero pasámolo moi ben facéndoo e ademais quedou ¡estupendo! ¿Verdade?



Coa chegada do Nadal, Os Cocoricos puxémonos mans á obra. Fixemos boliñas, abetos e estrelas para decorar a aula e o cole, aprendemos unha panxoliña para cantar no festival, traballamos na PDI, escribímoslle a carta aos Reis Magos e sobre todo, pasámolo moi ben.
Deixámosvos unha pequeniña probra do noso traballo. ¡Desfrutádea con moito agarimo!


Uns días antes de marchar de vacacións de Nadal, Lucas tivo unha gran idea, escribir unha chea de felicitacións para todos os seus compis, e claro… o resto dos exploradores tambén quixeron facer as súas felicitacións. Polo que puxémonos mans as cartas e fixemos un gran traballo entre todos. Primeiro eleximos o amigo ao que lle íamos mandar a nosa postal, logo deberíamos pensar e escribir unha chea de bos desexos para o noso amigo e para rematar escribimos o destinatarrio e o remitente nos sobres e pegamos os selos.

Cando tivemos todas as cartas preparadas metémolas nun buzón moi especial, cada un podía elexir onde o quería meter, polo lado de Papá Noel ou dos Reis Magos. E de súpeto apareceu un carteiro de Nadal moi particular que repartíu as cartas entre todos os exploradores.

Foi unha experiencia incrible, gustóunos moitísimo e as súas cariñas xa o din todo. O mellor foi o gran final no que se pode comprobar o bo equipo que fan estes intrépidos exploradores. Noroboa meus peques!!! Cada día estou máis orgullosa de vós!!!


Aquí vos deixamos algunhas actividades para disfrutar cos peques durante o nadal. Clicade en cada imaxe para ir ao enlace con máis información. Tedes un pouco de todo, actividades do nadal en Redondela, Vigolandia, campamento de nadal na piscina de Redondela…

Pasádeo ben e disfrutade moito estes días onde os peques da casa son os protagonistas.

 



A %d blogueros les gusta esto: