Archivo mensual: enero 2012

ANTES DE NADA AS MIÑAS MÁIS SINCERAS DISCULPAS AOS MEUS PEQUENOS ANFITRIÓNS DO MES DE DECEMBROS, E APROVEITO ESTE ARTIGO PARA MOSTRARVOS TAMÉN AO MAIOR DOS SÍNEFOS. ATA ME ATEVERÍA A DICIR QUE O MAIOR DOS PEQUES DE REBOREDA XA QUE NACEU O DÍA UN DE XANEIRO, PARABÉNS AOS CATRO.

DECEMBRO´11

XANEIRO´12

Anuncios


No mes de xaneiro festexamos uns cumples moi amorosos e pacíficos, pois degustamos uns deliciosos corazóns de marmelada de amorodo, ao mesmo tempo que desfrutamos dun grande día: “O DÍA DA PAZ”. Os Cocoricos Clara, Iago e Bruno cumpliron 4 aniños. ¡Que maiores! ¡Moitas felicidades pequenos!


BOAS, XA TEMOS OS PRIMEIROS WATERS QUE CUMPLEN 5 ANOS E XA SON UNS MOCIÑOS COMPARADOS COA SÚA ENTRADA NO COLE PERO NON PARAN DE MEDRAR. FOI UN DÍA MOVIDO XA QUE XUNTAMOS OS ANIVERSARIOS CO DÍA DA PAZ POLO QUE FOI UN DÍA INTENSO PERO MOI FERMOSO. MIRADE…


Neste mes de xaneiro, quixemos celebrar os aniversarios dun xeito moi especial. Como coincidía coa celebración do día da Paz, quixemos facer unha receita moi pacífica e nesta ocasión realizamos “Doces corazóns de Paz”, empregando pan de molde, marmelada de amorodos, pombas de millo e lacasitos.

Así de ben o pasaron estes divertidos exploradores facendo cariñas de corazón moi divertidas.


Na clase dos exploradores, un ano máis, tentamos afianzar e favorecer unha forma de traballar moi especial, traballar de forma cooperativa.

Traballar de forma cooperativa non é o mesmo que traballar colaborativamente. Na primeira forma de traballar establécense na clase uns equipos-base que tentarán traballar xuntos para conseguir entre todos acadar a meta fixada. Cada un dos membros do grupo deberá traballar por conseguir que os eu grupo remate satisfactoriamente a súa tarefa e con bos resultados, por iso todos deben tratar de realizar axeitadamente o encargo que lle fixo o grupo. Todos estarán atentos para que todos os membros traballen polo ben do grupo.

Con gallo da celebración do día da Paz, elaboramos unhas cortinas cunha mensaxe en pictogramas. Foi moi revelador o xeito de formar os equipos, fixádevos ben, á hora de traballar non elixen aos membros do seu equipo por afinidades ou amistades, neste caso elixen pensando en que compañeiros lle poden axudar a alcanzar as metas propostas. Logo a formar de traballar, aínda que son moi pequechos e o de traballar en equipos para eles é bastante complicado, nestes primeiros intentos a cousa pouco a pouco vai desenrolándose bastante ben.

Para ensinarvos mellor todo o proceso da tarefa, fixemos varios vídeos. No primeiro, vese a elección dos equipos, no segundo o desenvolvemento da actividade e no terceiro a avaliación da actividade.


HOXE FOI UN DÍA ESPECIAL XA QUE OS PEQUES REBOREDA PUXERON FIN A MOITOS DÍAS DE TRABALLO POLA PAZ, E SENÓN BOTADE UNHA OLLADA A TODO O QUE FIXERON.


Co gallo do día da paz, esta semana estivemos preparando un chea de cousiñas ao redor da paz. Entre todos os peques de Reboreda construimos un mosaico de cores, con pequenos e osixinais cadros cheos de cor e luz.

Primeiro tivemos que dividir o recadro con lineas variadas, dúas verticais e dúas horizontais. Despois de dividilo demos cor a cada pedaciño resultante, por moi pequeno que fose. O resultado final foi… fantástico!!! E descubrimos grandes artistas entre estes peques.



A %d blogueros les gusta esto: