Archivo mensual: marzo 2012

Levo unhas semanas facendo un curso sobre Filosofía de Pensamento. Tiñamos que deseñar unha actividade para a aula así que, aínda que non estou no cole, fixen está na distancia sobre un conto que me gusta moito para que poidades xogar un pouco. Tamén ten un apartado para profes onde podedes ver en que consiste a XOGAR A PENSAR. Espero que vos guste.


As familias dos exploradores continúan mandando mails cun montón de fotografías, adiviñas, cancións que lles gustan aos seus peques e queren compartir con todo o alumnado dos peques de Reboreda. Nesta ocasión aproveitamos e fixemos unha exposición conxunta. Andrea, Lois, Mara e Lucas foron os encargados en comentar unha chea de fotografías cheas de aventuras e sorpresas. Ahí vos deixamos dous vídeos con todas as súas explicacións. Fixádevos ben porque é fantástico ver que maiores xa son e que ben explican todo!!!


AO LONGO DESTRES TRES CURSOS OS SÍNEFOS APRENDERÓN UNHA CHEA DE CANCIÓNS, XOGOS E BAILES,… COA MESTRA ISA. FAI UNS DÍA DECIDIMOS RECORDARLOS  E GRABAR PARA QUE VEXADES CANTO APRENDEMOS E COMO DISFRUTAMOS.

ESTADE ATENTOS AO BLOG DE  PEQUESREBOREDA,  NOS VINDEIROS DÍAS IRÁN SAIDO MÁIS VIDEOS,  E PODEREDES SORPRENDERVOS PORQUE MÁIS DE UN E UNHA POSUEN VERDADEIRAS DOTES ARTÍSTICAS 😉

GRACIAS  MESTRA ISA POR ABRIRNOS AS PORTAS AO MUNDO  DA  EXPRESIÓN  MUSICAL.


LULA, A MAMÁ DE GABI; E RO, UNHA COMPAÑEIRA FORON AS PRIMEIRA EN ANIMARSE A CONTARNOS UN CONTO. MOITAS GRACIAS.

CON ELAS DISTRUTAMOS DUNHA NOVA HISTORIA,  ACLARÁRONOS UNHA CHEA DE VOLABURARIO, SOBRE TODO  RELACIONADO COA ORNITOLOXÍA, E COMEZARÓN A COA SÚA INTERPRETACIÓN E NÓS  FIXEMOS VOAR A NOSA INAXIMACIÓN, E CUN ABRIR E CERRAR DE OLLOS, CANDO NOS DECATAMOS XA REMATARAN. GUSTOUNOS MOITO E ESPERAMOS QUE VOLTEDES PRONTO.



Ao longo deste curso, Os Cocoricos, estivemos investigando cousiñas sobre os trasnos, uns fermosos seres máxicos e mitolóxicos que forman parte da nosa cultura e tradición. Co motivo de afondar na súa forma de vida, decidimos elaborar un casiña para o noso amigo O Trasno.
O feito de levar a cabo esta pequena produción valeunos para tratar máis á fondo a reciclaxe, xa que reutilizamos elementos que ían ir para o lixo, tales como os botes de iogur líquido ou os cartóns da froita.
Tal e como podedes observar, a casiña é un fermoso cogomelo que Os Cocoricos elaboraron con moita ilusión e agarimo. ¡Esperamos que vos guste!


Os peques de Reboreda prepararon con moito entusiasmo uns paquetes moi especiais, cheos de libros, cds de música, vídeos, etc. das tradicións de cada un dos recunchos de España que participan con nós no proxecto ARCE de todas as agrupacións escolares.

Nos levabamos todo un trimestre traballando cos libros da maleta viaxeira que chegou ata o noso cole dende o CRA de Teo, e agora terá que voltar a viaxar ata a ZER de Lleida, ZER Baridà-Batllia. Así que preparamos varios paquetes e baixamos andando ata Redondela para entregar en correos estes grandes e pesados paquetes. Foi toda unha aventura!!! E despois reposamos un pouco nun dos parques da vila para merendar e xogar un anaquiño antes de regresar camiñando de novo ata a escola.

Menuda camiñata!!!


Iván, o pasado venres, levou para casa un libro de Margarida. Era un libro moi lindo e ademais moi oloroso porque este era o seu nome: “Este libro huele a vainilla”

E a mamá de Iván tivo unha gran idea…….. facer un doce así de oloroso. E sen contar ata 10 Iván e Sonia metéronse na cociña e prepararon un delicioso biscoito de vainilla para tod@s os exploradores. O luns, Iván contou con todo detalle como foi a preparación coa axuda de mami e de Tati, a súa irmá maior.

Eiquí vos deixamos un album de fotos moi especial, xa sabedes tedes que esperar un pouquiño a que cargue e logo podedes ir pasando as follas pouco a pouco e se queredes ver mellor as fotos soamente tedes que clicar coa lupa enriba de cada foto e así poderedes agrandalas.

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Another digital scrapbooking design by Smilebox


A %d blogueros les gusta esto: