Archivo mensual: abril 2012

O día 23 de Abril, coma todos os anos, celebramos o día do libro cun acto moi especial. Anunciáronse os gañadores do concurso de Reboraina e léronse, ante todo o alumnado e profesorado da escola, por estes grandes e futuros escritores. Fixérono moi, moi ben!!!


Fai uns días, Antón foi o novo tendeiro na tenda dos exploradores e fíxoo moi ben. Atendeu aos clientes con moita educación, fixo as sumas e axudou aos compañeir@s a facer as contas. Eiquí deixámosvos unha pequena mostra deses momentos. Parabéns a Antón e a todos os exploradores!!!



¡Ola! Os Cocoricos voltamos a facer unha pequena saída, esta vez fomos visitar O Museo da Palabra (VERBUM) xunto cos nos@s amig@s Os Waters. Foi unha saída un pouco mollada, posto que a chuvia nos acompañou durante todo o traxecto, tanto na ida coma na volta, pero aínda así pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas.
Foi no Museo onde recoñecemos distintas maneiras de comunicarnos, como os xestos, a música … ou mesmo as palabras, ao igual que a importancia dos cinco sentidos (a vista, o olfacto, o oído, o tacto e o gusto) para percibir a información de todo o que nos rodea.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo da visita para que o poidades desfrutar. ¡Unha aperta!



Ao igual que coa casiña do Trasno, Os Cocoricos, elaboramos un conto onde recollemos pequenos retazos de como son, onde viven e que cousas lles gustan, aspectos que traballamos durante o primeiro trimetre do curso. Tamén tratamos as vogais, que recoñecemos e sinalamos e cada unha das súas páxinas. Despois de moito traballar quedáronnos uns contos moi chusquiños. Deixámosvos un pequeno resumo de como foi o proceso de elaboración. Un saúdo!


Ola familias! Os Cocoricos e os Waters fomos de excursión ao Zoo de Vigo, xunto cos nosos amig@s da Escola de Casalonga (Teo), unha saída programada en conxunto e dentro do Proxecto de Agrupacións Escolares (ARCE). Foi un día para lembrar, pois estivemos moi ben acompañad@s por Luisa, a profe Loli, a profe Aida e o profe Esteban. Coñecemos moitos animais e poidemos desfrutar de fermosos momentos. Estamos a falar de animais moi coñecidos por nós comos os leóns, os trigres, os osos polares, as tartarugas, os tan temidos lobos… e de outros non tan coñecidos como os orix, o tejú, os muflóns, etc.
¡Esperamos que desfrutedes como o fixemos nós! ¡Unha aperta!


Como xa sabedes estes días andamos liados traballando ao redor do conto: “Os tres porquiños”, polo que queremos deixarvos un bonito vídeo onde podedes gozar coa historia cantada destes travesos porquiños e así tamén podedes cantar con eles. Esperamos que vos guste…


En pasadas semanas xa vos contamos un pouquiño de como íamos traballar na tenda dos exploradores, hoxe imos amosarvos como mercan e venden estes peques nun recuncho tan completo. Facemos sumas e restas, aforramos cartos para mercar cousas moi ricas á semana seguinte, compartimos moedas con aqueles que non lles chegan as moedas que teñen,…

Eiquí vos deixamos soamente un pequeniña mostra destes primeiros pasiños. Noraboa a Anxo, por ser o noso primeiro tendeiro e a todos os exploradores por facelo tan ben dende o primeiro día!!!!!



A %d blogueros les gusta esto: