Archivo mensual: mayo 2012


No mes de maio festexamos os cumples dos peques de Reboreda, nesta ocasión tocoulle aos cocoricos Sandra e Martín. Para celebrar elaboramos unha receita moi especial “Bocas apestosas de Piratas”, con un cuarto de mazán para a boca e varias améndoas para os dentes. Ao primeiro custounos bastante poñerlle os dentes, pero unha vez que lle pillamos o truco foi moi ben, quedáronnos unhas saborosas e terroríficas bocas.
Moitos parabéns a tod@s os peques, incluídos Sandra e Martín, ademais da profe Aida.

Anuncios

BOAS, NESTA OCASIÓN, PARA FESTEXAR OS CUMPLES DE MAIO, FIXEMOS UNHA NOXENTA BOCA DE PIRATA QUE NON ESTABA NADA MAL. O ASPECTO NON ERA MOI BO PERO RICO ESTABA, E MOITO!!!
TODOS OS NOSOS PARABÉNS PARA SARA E PARA HUGO QUE FORON OS WATERS QUE ESTIVERON DE CUMPLE. POR CERTO, PREGUNTADE ÓS WATERS SE COÑECEN A CANCIÓN QUE SAE NO VÍDEO, A QUE LLES LEMBRA?? SAUDIÑOS.


No mes de maio os peques de Reboreda voltan andar liados cos piratas aventureiros, surcando os mares ata chegar a lugares moi lonxanos, como: China, Brasil, África e mesmo ata Francia.

Pero como estes piratas tan malvados eran un pouquiño despistados e sempre esquecían limpar os dentes por iso tiñan unhas bocas apestosas que cheiraban fatal. Así que os peques con un cuarto de mazá e tres améndoas prepararon unhas bocas sorprendentes. Queredes ver que temibles parecían estes pequenos piratas, pois atentos que vades a quedar abraiados….


Como cada xoves un compañeir@ da escola achégase ás clases dos peques para contarlles unha nova e divertida historia nunha sesión de contacontos sen igual.

Nesta ocasión foi Ismael o que visitou a clase dos exploradores. Todos estiveron moi atentos porque a historia era emocionante, chea de ruidos estranos, pantasmas, sombras,….. ou non? O que si que é certo que había unha gatiña moi bailarina chamada “Chanel”. E……. se queredes saber de que ía esta historia estade atentos que Ismael comeza nun momentiño o seu conto…


Antes de rematar o proxecto “Colorín, colorado”, os exploradores quixeron elaborar un coñocido conto a través dunha nova actividadee de traballo cooperativo.

A actividade consistía en repartir o texto do conto en varios fragmentos. Catro ou cinco fragmentos para cada equipo. Dentro dos equipos a tarefa é falar entre eles para ordear os fragmentos, pero cunha condición… non podían utilizar ningún material da mesa antes de chegar a un consenso e a tarefa ben realizada.

O traballo foi moi complicado porque non era doado entender os fragmentos e logo ordealos pero estes son ESPECIAIS e cunha pequena axuda conseguiron rematar os seus encargos satisfactoriamente.

O traballo final consistíu en ilustrar o conto para que semellase un conto de verdade. Isto tamén conlevaba un traballo cooperativo. E cada equipo organizouse dun xeito diferente. Uns debuxaban, outros repasaban os trazos co rotulador, outros coloreaban,… dependendo das posibilidades de cada un. Os equipos pensaron cal sería a forma máis axeitada de distribuir os papeis para que o resultado final fose asombroso. Así que entre eles elexían aos máis creativos, aos mellores ilustradores, aos mellores pintores,…

Queredes ver que ben o fixeron??? Pois atentos porque foi…. xenial!!! Un traballo exemplar!!!

E agora imos a ensirnarvos que bonito quedou…



Os Cocoricos desfrutamos moito coa profe Isabel e sobretodo coa expresión musical e corporal, onde aprendemos a discriminar e imitar os distintos sons, a coñecer os instrumetos, a seguir os ritmos marcados e a acompañar a música con xestos . Mirade que ben o pasamos!



Coa chegada da primaveira Os Cocoricos traballamos no horto do colexio, plantamos uns deliciosos amorodos. Xa tiñamos as plantas, pero había que preparar a terra, facendo uns buratos ben grandes para que collesen dentro. Unha vez rematado tiñamos que botarlle unha pouca auga para así conseguir que medrasen con moita enerxía. Á hora de facelo dividimos o traballo, uns facían os buratos, outros plantaban e outros regaban, conseguindo que todos colaborasen. Durante o proceso estivemos acompañados por unhas boas reporteiras, a cocorica Alba e a profe Aida, que non perderon detalle do asunto. Tamén nos acompañou Luisa, cantándonos fermosas cancións.
Pasadas unhas semanas e coa axuda do sol e a auga, puidemos comprobar como saían uns enormes e vermellos amorodos, ¡da gusto velos!



A %d blogueros les gusta esto: