Archivo mensual: junio 2012

Ahí vos deixamos un dos últimos traballos feitos polos exploradores empregando materiais de refugallo para facer cousas moi fermosas. Nesta ocasión coa chegada da primavera quixemos facer unhas fermosas flores con botellas de plástico, briks de leite, rotuladores e purpurina. Queredes ver o resultado final… pois atentos a este vídeo no que vos ensinamos paso a paso a súa elaboración.


Os maiores dos peques de Reboreda, despois de varias semanas traballando na súa tenda, para finalizar o curso tiveron que baixar a un super de verdade para facer a compra de todo aquilo que nos ía a facer falla na última festa do curso, a festa dos aniversarios de verán.

Dividimos a clase por equipos, un era o encargado de mercar a froita, outro dos froitos secos, outro da bollería, outro das patacas, gusaniños, pelotazos,… e o quinto debería mercar galletas. Os exploradores tiñan moi claro a onde debían ir, a froitería, a panadería, aos diferentes corredores onde estaban os froitos secos, galletas e as lambetadas salgadas.

Cada equipo elexíu ao seu xefe, que sería o encargado de levar a carteira cos cartos do seu equipo. Cada equipo dispoñía de 5 euros, polo que deberían estar moi atentos a todo o que metían no cesto porque se se pasaban non lles ían a chegar os cartos. Foi moi interesante ver como cada equipo se organizou e como falaban entre eles para chegar a un acordo e facer así a mellor compra. En pucos minutos xa tiñan feita a súa compra e a verdade que moi ben feita, aínda que algúns tiveron algúns atrancos á hora de pagar porque non lles chegan os cartos, pero ahí estaba a profe cunha pequena axudiña para que todos poidesen levar a súa compra.

Mirade que ben o fixeron e que ben se administraron, xa son todos uns expertos en economía. Noraboa!!!



Os Cocoricos son uns meniñ@s moi faladores, tódolos días teñen algo que lle contar á profe. E despois das Festas da Coca, non podían parar de facelo. É por isto que vos deixo uns pequeniños relatos das súas historias. Algúns falan moito e cóntannos grandes aventuras, outros… non tanto, dalles moita vergoña, soamente din catro palabriñas, pero as que din son moi importantes. ¡ESCOITADE, ESCOITADE!



Os Cocoricos elaboramos con moita ilusión unha fermosa flor, ademais de coñecer de primeira man as partes que a compoñen. Con ela dixemos adeus á Primaveira e comezamos a prepararnos para recibir unha nova estación, o Verán. Como podedes observar, o primeiro que fixemos foi escoller a cor da nosa flor; azul ou vermella. Logo estampamos as mans para darlle forma aos pétalos. Tamén pintamos un pauíño de cor verde para facer o talo e puxémoslle unha boliña de plastilina para o pistilo. En derradeiro lugar picamos as súas folliñas. Unha vez que montamos todo, aquí tedes o resultado. Esperamos que vos guste!!


Xa fai algunhas semanas terminamos coa actividade da tenda dos exploradores. Nesta ocasión Hugo atendeuna como un gran profesional, axudando aos indecisos, recomendando as mellores compras para que lles chegaran os cartos, facendo moi ben as contas,…

Esta semana tiñamos unha motivación moi especial, xa que podíamos mercar algún caprichiño despois de mercar as nosas merendas. Foi incrible ver como cada equipo falaba e se organizaba para facer a súa compra. Algúns preferiron mercar por separado e sen caprichos, outros apartaron os cartos dos caprichos e logo repartiron o que lles sobrou para as merendas, e outros mercaron en conxunto a merenda e logo mercaron algún caprichiño. E como son uns SOLES….. ao final compartiron a súa compra especial con todo o grupo. Foi incrible!!! Mirade, mirade e non perdades nin un detalle…



Os Cocoricos participamos nas Olimpiadas das nosa amiga Margarida. Durante varias semanas recibimos un correo cunha pregunta relacionada cos contos, iso levounos a buscar a información necesaria por todos os medios posibles: na biblioteca, en internet e preguntando aos da casa.
Trouxemos contos, remexemos na biblioteca, as nosas familias axudáronnos a buscar respostas, miramos vídeos, lemos contos, debatemos entre nós e ao remate demos con todas as solucións.
Como premio ao noso grande esforzo e traballo, Margarida obsequiounos cun fermoso diploma “Aos mellores investigadores” e agasallounos cunha mochila viaxeira. ¡Moitas grazas Margarida!


O pasado venres, os exploradores e os sínefos participaron no festival de fin de curso con dúas actuacións espectaculares. Os exploradores coa “Vaca marela” e os sínefos coa “Danza da espadas”.

Agora vos deixamos unha pequena mostra destes marabillosos momentos. Síntoo que o vídeo sexa tan movido pero é que a fotógrafa estaba un pouco emocionada ao ver a estes grandes artistas sobre o escenario. Noraboa artistas!!! Fixéstelo xenial!!!



A %d blogueros les gusta esto: