Archivo mensual: julio 2012

Aquí vos deixamos outra remesa de xogos para pasalo ben. Clicade na imaxe, escollede a vosa idade e o xogo que máis vos apeteza.

Anuncios

No verán hai que divertirse e xogar todo o que se poida para comezar as clases descansados e contentos. Aquí vos deixamos un xogo no que podedes convertervos nun peixe rémora. Escoitade as instruccións e pasádeo ben.


Nesta nova entrega de plans para o verán queremos convidarvos a disfrutar do entorno e a vida ao aire libre. No entorno podemos observar a natureza, escoitar os paxaros, xogar ao fútbol, montar en bici, facer picnics… e o mellor o prezo:0 euros, que nestes tempos ben se agradece.

O MONTE  DOS POZOS: moitas veces non sabemos a onde ir e esquecemos que a nosa beira temos unha chea de lugares fermosos con moitas opcións. O monte dos Pozos está en Valadares, na estrada que sube para o Monte Alba collendo logo a estrada para o Freixo. Alí tedes unhas fermosas vistas da ría, un lago con patiños (mortos de fame, levade pan!!!), mesas para facer picnic, espazo para xogar e un merendero no que tomar algunha cousa se nos apetece. Hai outros lugares cercanos onde pasar a tarde con nen@s pola contorno, os columpios, o espazo natural… coma O LAGO CASTIÑEIRAS, O MONTE ALOIA, o MONTE DA GUÍA que ten unha senda para camiñar rehabilitada, O MONTE DO CASTRO en Vigo ou o Vixiador ao lado do zoo.

A SENDA POLO LÉREZ: se ides de visita a Pontevedra, podedes achegarvos a Ponte dos Tirantes e ir río arriba paseando pola beira. Tedes espazo para peóns e senda para patíns e bicis. Se seguides dirección Monteporreiro colledes unha senda á beira do río preciosa, onde non hai coches, ides camiñando cunhas vistas preciosas e baixadas ao río para dar un baño se o tempo o permite. De volta podedes para na praia fluvial do Lérez que ten habilitada unha zona de baño. Se a marea está baixa a auga está morna e da gusto bañarse nela. Tamén tedes mesas para facer un picnic, chiringuito e baños.

DE RUTA POLA LAMA: A Lama é un concello que nos ofrece moitas rutas preciosas pero unha que vale moito a pena é a que comeza en Liñares. Iredes a unha zona de baño do río Xesta onde refrescarse un pouco. Despois iredes polo Camiño Real que durante séculos era unha importante ruta comercial da zona con Ourense, este tramo é o primeiro da antigua vía que unía Liñares con Cortegada. Podedes ver petos de ánimas, muíños aínda en funcionamento e acabaredes nunha cascada enorme das moitas que hai na zona.

COLLEDE AS BOTAS E A CAMIÑAR!!!


Coma xa comentamos a semana pasada imos ir deixando algunhas suxerencias veraniegas para familias. Hoxe queremos convidarvos a aproveitar as vacacións para facer uns poucos máis de kilómetros ou durmir fóra cambiando a rutina diaria.

AS TERMAS DE MONÇAO. Ao lado da fronteira, entrando por Salvaterra, tedes a vila de Monçao co seu balneario. Este, ademáis de augas caldas para o baño, conta cunha piscina de chorros para os peques onde poden pasalo de medo. Podedes aproveitar e pasear a beira do río, facer un picnic nas mesas que hai alí, ou xogar nos columpios. Do outro lado podedes coller a ecopista da que falamos o outro día, pasear por Salvaterra ou bañarvos no Miño.

MARCELLE: en Lugo tedes este singular  parque zoolóxico con animais en liberdade no bosque, chiringuitos para comer, campamentos de verán para os nen@s… Abre de 10 da mañá ata o anoitecer e custa 9 euros os adultos, 6 os nen@s e os menores de 3 entran gratis. Podedes aproveitar e facer unha escapada, durmir fóra e pasalo ben vendo animais.

AS FRAGAS DO EUME: se queredes ir un pouco máis lonxe, vos aconsellamos esta ruta de 12 km por un bosque encantado de fadas e trasnos. Fai uns meses houbo un incendio enorme na zona pero o bosque da ruta salvouse. Iredes ao lado río, ata o Mosteiro de Caveiro por unha ruta preciosa para compartir en familia.

PASÁDEO BEN E SEGUIDE ATENTOS AS NOSAS SUXERENCIAS.


Antía, a fada da fantasía, no outono foi de senderismo polo Caurel e alí atopou moitas cousas interesantes para contarnos a todos. Ahí vos deixamos a fermosa exposición que fixo esta exploradora tan viaxeira.


Todos os anos, por estas datas, vos deixamos algunhas suxerencias de actividades que poidades facer cos peques durante o verán. Este ano queremos darvos propostas novas, que sexan económicas e que poidades disfrutar en familia. Tedes, coma sempre, as actividades dos museos (MARCO, MUSEO DO MAR, CASA DAS PALABRAS…), campamentos de verán… Pero, aquí vos imos deixar algunhas alternativas para este tempo:

EXPOSICIÓN DE DINOSAURIOS EN NIGRÁN, ata o 23 de setembro tedes 23 especies en 50 réplicas. Os nen@s pagan 5 euros e os adultos 7. Abre todos os días en horario contínuo.

RUTAS POLO ENTORNO: se queredes facer actividades ao aire libre e con custe cero, vos aconsellamos a ECOPISTA que vai de Monçao a Valença. Esta é unha antiga vía de tren preparada para recorrer camiñando ou en bici. Son 13 km sen coches, con baixadas ao río Miño para darse un baño, parques onde poden xogar os peques e algunha vila singular. Despois do recorrido, podedes ir ao parque de Salvaterra cheo de columpios para os nen@s, páxaros, pista para bicis…

UN POUCO DE HISTORIA: se queredes facer unha actividade orixinal e aprendendo cousas dos nosos antepasados podedes visitar o CENTRO DE INTERPRETACIÓN RUPESTRE DE CAMPOLAMEIRO en Pontevedra. Podedes facer a visita polo día, os adultos por 6 euros e os nen@s por 3,5. Ou podedes ir cear por 30 euros e facer unha visita á luz da lúa. Alí tedes un centro de interpretación de arte rupestre e logo tedes un itinerario para recorrer o parque e ver os restos prehistóricos.

A medida que vai pasando o verán iremos facendo novas propostas. Esperamos que vos gusten e fagades fotos para poder compartir entre todos cando comece o curso.

BO VERÁN E FELICES AVENTURAS!!!


Coma sabedes as olimpiadas están a punto de comezar. Para ir abrindo boca, aquí vos deixamos un xogo da Junta de Castilla y León, onde podedes ir practicando as vosas dotes atlécticas. Clicade e a xogar. Esperamos que vos guste.



A %d blogueros les gusta esto: