Archivo mensual: agosto 2012

Hoxe queremos deixarvos o programa das actividades da feira franca de Pontevedra, que será o 31 de agosto e o 1 de setembro. Pasade por ela porque despois da feira temos moitas actividades e moi variadas día e noite, diremos que……. hai festa rachada!!!

Anuncios

Aquí vos deixamos unha web galega con moitos recursos para os tempos de lecer das familias, como por exemplo: excursións pola terra galega, visitas ao museos galegos, cine, festivais,… Está moi chula e clara para que tod@s podades navegar por ela sen medo e aproveitando todos os seus recursos.


Un xogo xeado para soportar a calor do verán. Clicade e xogade con Wumpa.


estudiando-10Contos para ler na escola ou na casa antes de durmir, e libros para mestres e familias para coñecer un pouco máis aos nosos pequen@s. Como por exemplo:

Tibilí, el niño que no quería ir a la escuela. Editorial Juventud.

Cómo comportarse en la escuela. Editorial Gemser.

Hasta la tarde. Ed. Corimbo.

Mi primer día de colegio. Ed. Timun Mas.

El colegio. Ed. SM.

Arromba o teu colexio. Ed. do Cumio.


Aquí vos deixo unha nova entrega con moitas opcións para escoller.


Durante o verán temos moitas festas nas que pasalo ben en familia. Aínda que estas, ademais dos chiringos, non ofrecen outras alternativas para pasar a tarde, así que acabamos con conflictos porque os nen@s querían subir máis veces nisto ou naquilo. ´

Aquí vos deixamos algunhas festas que teñen programación infantil.

FESTAS DA PEREGRINA, PONTEVEDRA: déixovos un enlace ao programa. Empezan o sábado 7, pero, dende o luns 9, polas tardes tedes teatro infantil, títeres… Un xeito divertido e ameno para pasar a tarde.

FESTA DA AUGA, VILAGARCÍA: o 16 de agosto podedes achegarvos a Vilagarcía  e quedar pasados por auga na súa singular festa. Asistentes na rúa e dende os balcóns os veciños mollan e remollan aos que queren auga. Mellor se fai bo día e levade roupa de resposto.

MERCADO MEDIEVAL DE ÓBIDOS: dende o 19 de xullo ata o 12 de agosto tedes este mercado medieval en Óbidos, Portugal. Os nen@s entran de balde e os adultos pagan 6 euros. Tedes mercado de artesanía e actuacións a diario. Pódese ir disfrazado de época. Podedes aproveitar e facer unha visita a algunha cidade de Portuga aproveitando a excursión.

ENTROIDO DE VERÁN, REDONDELA: e, por suposto, non debemos esquecer o entroido de verán da nosa vila. A quen non lle gusta disfrazarse, saír a rúa e pasalo ben cos amigos? Este ano serán o día 20 de agosto.

TROULA, TROULA E TROULA.


Clicade e xogade mentres aprendemos e repasamos o que xa sabemos.



A %d blogueros les gusta esto: