Archivo mensual: septiembre 2012

Esta foi a primeira festa de aniversarios para os sapiens e nesta ocasión soamente fomos de invitados porque non tivemos ningún cumpleañeiro. Como era a primeira receita deste curso quixemos facer algo moi sinxelo de facer para que todos os peques de Reboreda gozasen creando. Ahí déixovos uns retaciños deses bos momentos dos sapiens.


O venres celebramos os aniversarios de setembro. Non tiñamos Cocoricos de aniversario pero iso non é motivo para non disfrutar da festa cos que si están. Fixemos unhas caras deliciosas con tortas de arroz, uvas, mandarina e chocolate. Mirade que ricas!

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
This presentación generated with Smilebox

Hoxe queremos deixarvos unha das cancións do corpo que estamos a aprender estes días, os máis peques da escola, para que cantedes con eles tamén en casa.


Atentos xa temos os Correos funcionando. Esperamos que nos escribades e mandedes cousiñas ao cole.Lembrade que este ano estamos a traballar co corpo.
Por cierto OS SAPIENS xa teñen mail, sapiens.reboreda@gmail.com
E os cocoricos A seguen co mesmo e os Cocoricos B: cocoricosb@gmail.com


Pouco a pouco os sapiens van aceptando as normas e rutinas da clase e fanno moi, moi ben. Queredes velo??? Pois atentos ao vídeo porque a merenda é un momento sensacional.
Os primeiros días era todo un pouco caótico pero agora é incrible ver o ben que o fan: merendan sentadiños, recollen todo ao rematar e tamén saben reciclar. Mirade, mirade!!!


Os Cocoricos saben unha chea de cousas dos ollos. Hoxe estivemos repasando o que xa sabemos e logo xogamos a sentir o mundo sen axuda dos ollos. Divertímonos moito. Aquí tedes unha mostra.


Dende onte os sapiens xa participan da xornada completa na escola de Reboreda. Aínda que lles costa un pouquiño prestar atención, escoitar á profe ou seguir as normas da aula, xa tentan estar todo o rato no recuncho que lles toca, escoitar o conto con interese, tomar a merenda con calma e recoller todos os materiais no seu lugar cando rematamos a actividade.

Hoxe queremos amosarvos que ben xogan e colaboran cos seus compañeir@s de recuncho. Espero que vos guste.



A %d blogueros les gusta esto: