Archivo mensual: octubre 2012

Para celebrar o saman os peques tiñan que vir disfrazados coas cousas que temos pola casa e, unha vez máis, as familias sacastes o mellor de vós e nos sorprendestes moi gratamente. Mirade que guapos viñeron os Cocoricos.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own free picture slideshow
Anuncios

Estes días xuntamos a celebración do samain co noso proxecto do corpo. Primeiro fixemos as pantasmas cos pés e agora fixemos o noso esquelete usando pasta italiana. Era moi difícil porque había que fixarse moi ben e poñer todos os ósos. E mirade que esqueletes tan fermosos.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free picture slideshow created with Smilebox

O pasado venres fixemos talleres interciclos cos amigos de 4º de primaria. Fixemos con materiais de refugallo morcegos, pantasmas, cabazas e ollos medoñentos moi… moi…. doces, xa que dentro duns días chegará o “Samaín”.

Foi incrible ver como se organizaron para conseguir facer os seus bonecos de medo e que ben traballaban xuntos, peques e maiores.

Atentos, atentos que este vídeo non ten desperdicio…


Os Cocoricos queremos compartir con todos vos algúns dos signos do samaín que traballamos na clase para que os aprendades.


Os máis peques da escola tamén saben comer moi ben as froitas. A algúns deles non lles gustaba moito comela porque estaba fría, tiña moi zume a mollaba as mans pero todos tentaron probala. Agora deixámosvos un pequeno resumo das nosas merendas coas froitas.


A semana de consumo de froitas rematou e foi un gran éxito. Conseguimos que nen@s que nunca comen froita se atrevesen a probala e, algúns ata disfrutaron moito con esta nova experiencia. O xoves comemos pera e o venres rematamos comendo plátano.


Como dentro duns días chegará o samaín, os peques de Reboreda xa andan a argallar algunha cousiña co gallo de tan terroríficos días. Agora queremos deixarvos a nosa famosa canción do samaín, os peques xa case a saben e queren cantala con vós cando chegan a casa por iso deixámosvos aquí o noso vídeo para que cantedes todos xuntos no voso tempo de lecer.



A %d blogueros les gusta esto: